Que é a economía feminista?

A economía feminista é unha resposta ás crises económicas, ambientais e sociais actuais desde a perspectiva da xustiza de xénero. É unha estratexia política para transformar a sociedade e a relación entre as persoas, e entre as persoas e a natureza. As mulleres son suxeitos da economía e nós, como mulleres, situámosnos como protagonistas na loita contra o modelo económico dominante. Coa economía feminista, o cambio de sistema é posible.

A Marcha Mundial das Mulleres e Amigos da Terra Internacional produciron dúas animacións para explicar o concepto de economía feminista e o seu papel para lograr o cambio de sistema.

Os vídeos pretenden introducir algúns principios feministas con creatividade e imaxinación, e son recomendables tamén para ser empregados polos movementos en actividades de formación política.

Que significa a economía feminista?

O traballo doméstico e de coidados é parte das condicións sociais e económicas da vida. É un traballo maiormente invisible, xeralmente levado a cabo por mulleres, negras e migrantes, que sostén a economía.

Recoñecer e reorganizar o traballo doméstico e de coidados

Recoñecer o traballo realizado polas mulleres como parte fundamental da economía.

Facer visible todos os traballos que sosteñen a vida e todas as persoas que os fan: a maioría mulleres, negras, migrantes.

A economía feminista valora o traballo doméstico e de coidados como parte da economía. Reorganiza este traballo para que sexa unha responsabilidade compartida entre todas as persoas, co apoio de políticas públicas.

Pon a sustentabilidade da vida no centro

A sustentabilidade da vida significa priorizar as necesidades das persoas antes que as ganancias, poñendo a vida no centro.

Temos que cambiar as nosas vidas e tamén cambiar o mundo.

Todas as persoas somos vulnerables e interdependentes

O traballo de coidados proporciona un ambiente limpo e saudable que permite todas as demais actividades. Todas as persoas necesitan coidados ao longo da vida, independentemente da idade ou o estado de saúde. O coidado é unha necesidade humana fundamental.

Para transformar o modelo económico actual, é necesario practicar a solidariedade e reciprocidade nas nosas vidas, os nosos movementos sociais e a nosa loita política cotiá.

O traballo de coidados que se coloca actualmente sobre os ombreiros das mulleres debe ser compartido con todas as persoas e ten que ser tamén a responsabilidade do Estado.

Ecodependencia

O modelo económico capitalista tamén creou unha falsa separación entre natureza e cultura. Coma se a natureza fose un fonte inesgotable de recursos. Coma se non fósemos, tamén, natureza.

A economía feminista lémbranos que a biodiversidade é o froito da relación cos pobos tradicionais e os seus modos de vida. Debemos respectar o ciclo de rexeneración da natureza e repensar a nosa relación coa comida, valorando as prácticas agrícolas e culinarias locais e garantindo que as comunidades teñan os medios para cultivar alimentos nos seus territorios.

A economía feminista proporciona unha sociedade alternativa construída sobre a base do recoñecemento e reorganización do traballo doméstico e de coidados, a centralidade da sustentabilidade da vida, a interdependencia e a ecodependencia.

Súmate á loita polo cambio de sistema coa xustiza de xénero no centro.

Queres ver máis? Mira os seguintes vídeos: