091127_diasencompras

Hoxe celébrase o Día Mundial do Consumidor, unha data na que ademais de reivindicar os nosos dereitos como consumidores/as, debemos reflexionar sobre as consecuencias do consumo desmesurado que facemos na actualidade, e apostar por un consumo máis consciente e responsable.

Vivimos na sociedade do “usar e tirar”, na que non temos en conta as repercusións para o medio ambiente e as persoas que habitan o planeta, do noso modelo de consumo moitas veces pouco consciente e centrado nun consumismo impulsivo de usar e tirar, feito que está a provocar un gran prexuízo para o medio ambiente. A publicidade bombardéanos con anuncios cuxo obxectivo non é noso benestar, senón facernos formar parte dun sistema que reduce as persoas ao papel de consumidores submisos.

Non obstante, coa nosa forma de consumir podemos influír na marcha do sistema e do mundo dunha forma directa. Un consumo consciente e responsable, orientado ao fomento de actividades satisfactorias para o medio ambiente e as persoas é unha gran contribución e un decisivo instrumento de presión fronte a situación actual.

Por iso, dende Amigos da Terra propoñemos unha serie de pautas a seguir para ser un consumidor/a máis responsable:

  • Antes de comprar, pensa se realmente o precisas: “Non é máis feliz quen máis ten senón quen menos precisa”.
  • Na medida do posible consume:

Local: “mellor se se produce preto de ti e non tivo que viaxar”

Ecolóxico: escolle produtos que respecten o medio ambien

De comercio xusto: aqueles produtos que non se dan onde ti vives, como pode ser o café, azucre, té, mellor que non cheguen a ti grazas a unha explotación noutra parte do mundo.

  • Evita produtos sobreenvasados:
  • Lembra esta escala:

(+) Sen envase: a granel

Envases reutilizables: que lle podas dar outros usos

Envases co menor custo ambiental: vidro, papel ou cartón, reciclados e reciclables

(-) Sobreenvasados (plástico sobre plástico)

  • Rexeita as bolsas de un só uso: podes levar o que compres en: carriño de man, cestos, bolsas de tea, mochilas, atillos…
  • Prolonga a vida útil de todas as cousas: así conseguiremos saír do mal hábito de: “comprar, tirar, comprar”.
  • Todo o residuo que xeres é responsabilidade túa: reduce, reutiliza e finalmente recicla.
  • Coñece os teus dereitos e deberes como consumidor/a.