pavo_2A normativa europea de transporte de animais a longa distancia permite que cabalos, ovellas, porcos e aves se sometan a ata 8 horas de viaxe sen acceso a auga, a alimentación ou a descanso. Moitos dos animais transportados morren de sede, de frío, de calor, de cansancio e por estrés. Esta tortura animal é amparada pola Comisión Europea. Por iso, Amigos da Terra apoia a Campaña 8horas que nace co obxectivo de recoller un millón de sinaturas dos cidadáns europeos para conseguir que cambien as normas e se dea un trato xusto aos animais que se transportan.

 

O transporte de animais a longa distancia ten que rematar!

As administracións son conscientes de que o transporte de longa distancia é agonizante para os animais. No 2002, o comité científico “Animal Health and Species Appropriate Husbandry” da Comisión Europea publicou unha noticia sobre a protección dos animais durante o transporte. O resultado final: como regra xeral, os transportes de animais deberán ser o máis curtos posible. Non obstante, esta recomendación non se tomou en conta no regulamento (EC) No 1/2005, a cal trata sobre a protección dos animais durante o transporte.

É agora ou nunca!

A Comisión Europea está revisando o regulamento (EC) No 1/2005. O resultado desta revisión determinará se os animais seguirán sufrindo en transportes deplorables de longa distancia en Europa, ou non.

Asina e difunde