O grupo de voluntarios e voluntarias de Amigos da Terra, estamos a traballar nun novo proxecto de construción de accións que visibilizan as alternativas e as boas prácticas ao redor dun uso máis consciente dos recursos, desde os nosos hábitos cotiáns e nos espazos de acción que transita a diario a xente nova. R(e)-VOLTA ZERO WASTE e un proxecto financiado por la convocatoria Iniciativa Xove da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.
Estamos realizando un diagnóstico sobre a situación de partida de diferentes contornas universitarias; para iso identificamos as cafeterías universitarias como espazos estratéxicos de acción onde podemos incidir de forma directa sobre as formas de xestión dos seus recursos e residuos, que traen consigo unha serie de consecuencias que debemos reverter para cambiar o modelo actual de xeración desmesurada de residuos.
Durante os meses de setembro e outubro e a partir dos resultados obtidos do diagnóstico e coa implicación das persoas xestoras das cafeterías, o grupo de voluntarias e o colectivo universitario en xeral , queremos facer unha proposta de accións prácticas para poñer en marcha. Esta proposta inclúe deseño de carteis, así como a elaboración dunha vídeo-acción nun campus concreto que nos sirva para difundir as prácticas estrela ,as que daremos visibilidade para que sirvan de modelo noutros centros.
Para a video-acción faremos un encontro presencial do grupo de traballo donde priorizamos a metodoloxía da educación popular así como a aprendizaxe non formal, co obxectivo de crear espazos de benestar onde as persoas involucradas se sintan cómodas para desenvolver o proceso creativo.
A o longo deste proxecto estamos colaborando en diferentes xornadas amosando o traballo de voluntariado universitario en torno ao residuo cero e a economía circular e participando en campañas en prol de la eliminación de plásticos de un só uso.
Forma parte transversal de todo o proxecto a perspectiva de xénero e a mellora dos procesos de participación coa axuda de formación externa específica que nos acompaña e asesora no desenvolvemento do proxecto.
Programa Iniciativa Xove financiado por: