Continuamos en Galicia co segundo dos cursos, na súa edición de Carballo (A Coruña ). Grazas ao programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica co cofinanciamento do Fondo Social Europeo e coa colaboración do concello de Carballo.

Este é o segundo curso dos 3 cursos que se están levando a cabo en Galicia. Son cursos gratuítos destinados a persoas desempregadas, e sobre todo en persoas en situación especial de vulnerabilidade, tales como mulleres, persoas entre 35 e 45 anos, residentes en zonas rurais e/o áreas protexidas, persoas inmigrantes, persoas con diversidade funcional, etc.

Os cursos serán de 48 h ( 8 módulos x 4 horas en liña + 16 de prácticas presenciais), onde se abordará o ciclo completo de xestión da fracción orgánica dos residuos. O segundo curso de Galicia, comezará o 3 de outubro en Carballo (A Coruña), podes inscribirte nesta ligazón. O prazo de inscrición remata o 22/09/2022 ás 14:00h.

O curso terá lugar entre o 03 e o 14 de outubro, sendo a parte teórica en liña e as prácticas presenciais.

Podes inscribirte directamente aquí

E se tes dúbidas ou precisas máis información escríbenos a este email residuos@amigasdaterra.net

 

Este proyecto ha sido aprobado por la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico en el marco del Programa Empleaverde, iniciativa para el impulso y la mejora del empleo, el emprendimiento y el medio ambiente. Se trata de acciones gratuitas cofinanciadas por el Fondo Social Europeo (FSE) para conseguir formación y un empleo de calidad.

“Acción gratuita cofinanciada por el FSE”. “Conseguir formación y un empleo de calidad”.