ninos_campamento

Ábrese o prazo de inscrición dos campamentos ambientais de Amigos da Terra para mozos/as e nenos/as. Este ano os campamentos son de carácter estatal, convivindo nenos e nenas de todas as comunidades en As Corcerizas, e adaptados aos diferentes grupos de idades.

Os/as pequenos/as disfrutarán dunha nova experiencia, na que a través do xogo e o divertimento, reforzarán actitudes que os capacitarán para vivir con coherencia e respecto nunha sociedade de futuro.

cartaz_camp_corcerizas-gz_4

Educación ambiental, animación e convivencia, actividades deportivas, culturais, excursións, obradoiros, veladas.. conforman un programa de 8 días de actividades, enfocadas desde unha perspectiva educativa á vez que lúdica, fomentando a creatividade e o respecto pola natureza e a convivencia.

As actividades, as instalacións e contorno natural, a alimentación de calidade, e a longa experiencia e cualificación do equipo educativo de Amigos da Terra, aseguran o espazo máis axeitado para que os/as nenos/as interactúen nun campamento de alta calidade.

DATAS: 1 a 8 de agosto de 2011

IDADES: 8 a 12 anos e 13 a 15 anos

PREZO: 335 euros; 300 euros para socios/as de Amigos da Terra

Máis información