
A Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, da que forma parte Amigos da Terra, levará a cabo o vindeiro domingo, 20 de febreiro, a 1º andaina reivindicativa, pola protección desta serra unha marcha coa que se pretende denunciar a ameaza que supoñen os parques eólicos para este espazo natural privilexiado.
A Serra do Galiñeiro, lugar natural de encontro dos Concellos de Vigo, Gondomar, Mos, O Porriño e Tui, alberga numerosos valores ambientais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e sociais, polo que as asociacións cidadás que formamos parte da plataforma, consideramos que teñen que ser protexidos ao amparo das lexislacións europea, galega e municipal vixentes.
A saída terá lugar ás 10:30 h. do Parque Forestal do Galiñeiro (Vincios, Gondomar), cun percorrido de aproximadamente 2,5 horas de duración, baixo o lema “Por un Monte sen Eólicos”, en referencia á oposición desta Plataforma ao parque eólico de 13 aeroxeradores e 39 Mw que se pretende levantar neste espazo natural.

Convidamos a toda a cidadanía, asociacións, clubs, entidades a participar nesta andaina “Pola protección da Serra do Galiñeiro”, así como a aportar ideas que apoien a salvagarda das riquezas naturais, culturais e sociais que alberga e conduzan á declaración da súa protección.
A andaina será orientada polo Club de Montañeiros Celtas.
Manifesto pola protección da Serra do Galiñeiro
Actualmente conforman a Plataforma Pola protección da Serra do Galiñeiro as seguintes asociacións:
ADEGA
AMIGOS DA TERRA
AGA: Asociación Galega de Apicultura
A RÍA NON SE VENDE
ASOCIACIÓN “A GROBA”
ASOCIACIÓN CULTURAL BERRA VAL MIÑOR
ASOCIACIÓN CULTURAL, DEPORTIVA E ECOLOXISTA
TREZE-CATORZE DE SALCEDA DE CASELAS
ASOCIACIÓN CULTURAL “FESTA DA PREHISTORIA” de MOS
ASOCIACIÓN VECIÑAL CASCO VELLO DE VIGO
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE VINCIOS
CENTRO CULTURAL AS PEDRIÑAS DE TAMEIGA, MOS
CLUBE ESPELEOLÓXICO MAÚXO
CLUB DE MONTAÑA E ESCALADA AZIMUT
CLUB DE MONTAÑA PENA TREVINCA
MONTAÑEIROS CELTAS
MONTAÑEIROS XISTRA
FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO
COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS
INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORANOS
OUTRO VIGO É POSIBLE
PLATAFORMA POLA DEFENSA DA RÍA DE VIGO CÍES
SALVEMOS MONTEFERRO
S.O.S. GROBA
VERDEGAIA