obras_policarpo_sanz_peq

O pasado martes asistimos a un lamentable espectáculo de crimen forestal, perpetrado polo Concello nas obras da presunta humanización da rúa Policarpo Sanz. Os operarios das obras de humanización da rúa estaban “plantando” naranxos e oliveiras nunhas macetas de diseño de apenas medio metro cadrado sobre o hormigón do aparcamento.

Ante esta situación, Amigos da Terra plantexa moitas preguntas que, tratándose de asuntos medioambientais dirixidos ao Concello de Vigo, seguramente non terán resposta:

  • Que esperanza de vida calcula o Concello que poden ter unhas árbores plantadas nunhas macetas (eso si, macetas de aceiro inoxidable a todo luxo) de cincuenta centímetros cadrados instaladas sobre unha base de hormigón armado?
  • Canto tempo calcula o Concello que esas árbores poderán desenvolver as súas raíces antes de darse conta de que entre o aceiro polos lados e o hormigón armado por abaixo, e a contaminación permanente por arriba, non é posible sobrevivir?
  • Que esperanza de vida total poden ter esas árbores?
  • Con que cheguen vivas á inauguración das obras xa e suficiente?
  • Sendo optimistas, será suficiente con que aguanten vivas cinco meses máis, e sobrevivan ás eleccións municipais?.

Amigos da Terra, pouco amigos dos plásticos, recomenda ao Concello de Vigo que, si se trata de “facer bonito” utilice esas macetas para plantar árbores artificiais ou plantas con menor exisencia de espazo para o desenvolvemento das súas raíces.

Dende a asociación xa se está a preparar un operativo de rescate para cando esas árbores, unha vez pasados os fastos da inauguración, empecen a agonizar.