pasarela

Amigos da Terra participará mañá, 1 de decembro, no Seminario  “Pautas para incluír a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable nas ONGD”, organizado pola Coordinadora Galega de ONGD, a través da súa Comisión de Comercio Xusto.

O seminario repasará o marco teórico e legal en materia de cooperación ao desenvolvemento, medio ambiente e sostibilidade e aportará ferramentas e casos prácticos para incluír a sostibilidade ambiental e o consumo responsable nas ONGD.

O curso terá lugar en Santiago de Compostela, na Casa das Asociacións, Cornes s/n (Antigua Estación de Tren) – Conxo.