derechospersonas_peq_copy

A plataforma de ONG European Coalition for Corporate Justice (ECCJ), entre as que se atopa Amigos da Terra Europa, é a promotora da campaña “Dereitos para as persoas, regras para os negocios” coa que se pretende conseguir que a publicación dos informes corporativos de sostibilidade teña carácter obrigatorio na Unión Europea.

As empresas europeas, coa súa presenza internacional, provocan impactos na vida das persoas. Aínda que algúns son positivos, como xerar emprego ou potenciar o traslado de tecnoloxía, tamén causan danos substanciais sobre as persoas e o medio ambiente. Con demasiada frecuencia, e especialmente cando operan en países do sur, as empresas adoptan comportamentos inaceptables, dende impoñer condicións precarias no emprego, ata destruír selvas tropicais.

Os impactos non se producen só nos países do Sur. O 60% do comercio mundial consiste en operacións que se producen entre multinacionais e as súas empresas filiais. Moitas destas operacións pasan a través de paraísos fiscais, o que permite evadir impostos, ocultar manipulacións contables, e levar a cabo prácticas corruptas e, en moitos casos, fraudulentas.


Mentres tanto, os gobernos europeos e as súas políticas alentan as empresas a xerar maiores beneficios (a miúdo a custa das persoas e o medio ambiente), e as vítimas destas violacións dos dereitos humanos en moitos casos non logran acceso á xustiza.


Que debe cambiar?

Independentemente de onde actúen as empresas, deben respectar os dereitos humanos e protexer o medio ambiente. Solicitamos aos responsables políticos na UE que elaboren leis que fagan responsables as empresas e os seus administradores polos impactos negativos que as súas operacións provoquen nas persoas e o medio arredor do mundo.

Que podes facer ti?

Coa túa axuda podemos lograr que as empresas europeas dean prioridade ás persoas e ao medio ambiente, e non só aos beneficios económicos.

Axúdanos a entregar máis de 100.000 firmas aos xefes de Estado da UE e ao Presidente da Comisión Europea, José Manuel Durao Barroso.

Firma a petición

Coñece máis sobre a campaña