COP10

Refúxiase na postura europea, ignorando que España é o único país da UE que permite o seu cultivo a grande escala.

A delegación española na 10ª Convención sobre a Diversidade Biolóxica está a ocultar a súa posición sobre un dos temas a debate, os transxénicos. Ante a pregunta do representante español de Amigos de la Tierra: “Que vai opinar o Goberno Español sobre o cultivo dos transxénicos e os seus efectos sobre a diversidade biolóxica? ” a única resposta é que se defenderá a postura europea. Ignórase así o feito de que España é o único país que cultiva transxénicos a grande escala, e é o que máis sofre os seus impactos tanto ambientais coma sociais.

Fernando Ramos, representante de Amigos de la Tierra España na Convención afirmou: “Refuxiarse en o que diga Europa” só pode significar dous cousas, ou que España non ten definida a súa política sobre un tema tan fundamental para o medio, a saúde pública e o noso modelo de agricultura; ou que a súa postura é indefendible e polo tanto non se atreven a facela pública. “

Independentemente de que os países da UE presenten unha posición conxunta, esa postura é previamente pactada en reunións multilaterais e revísase cada vez que a situación o demanda. Neses casos cada país da UE debe de expresar a súa opinión e en materia de transxénicos, a opinión de España é clave, ao ser o único país daUE que os cultiva a grande escala. Mentres, outros países como Austria, Alemaña, Bulgaria, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia ou Polonia optaron por prohibir o seu cultivo baseándose en evidencias científicas sobre os seus impactos ambientais, a imposibilidade de evitar a contaminación xenética doutros cultivos e as súas incertezas sobre a saúde. Entre os seus impactos sobre a biodiversidade deste millo transxénico inclúense a contaminación de variedades locais de sementes e impactos sobre a fauna do chan e dos ríos, así como sobre insectos non obxectivo.

“Se por algo se caracterizou a xestión de Elena Espinosa sobre transxénicos é polo escurantismo, que converteu a España no campo de experimentación de multinacionais como Monsato, Bayer ou Syngenta” engadiu David Sánchez, responsable de Agricultura e Alimentación de Amigos de la Tierra España. “Esperamos que a nova ministra cambie de forma radical esta política, protexendo a biodiversidade e a saúde pública prohibindo o cultivo de transxénicos en España,”.

Os cultivos e alimentos transxénicos supoñen unha grave ameaza para a diversidade biolóxica, o que provocou que se adoptase no ano 2000 o “Protocolo de Cartagena sobre Seguridade da Biotecnoloxía para o Convenio sobre Diversidade Biolóxica”. Un acordo internacional que administra os movementos dun país cara a outro de organismos vivos modificados.