
Amigos da Terra estarán no Festival Alternativo da Xuventude de Ourense, os días 27 e 28 de xuño para pedir aos asistentes aos concertos que actúen fronte ao cambio climático, dando o seu apoio á Campaña S.O.S. Clima.
Continúa a nosa andaina fotografica e a nosa loita por salvar o clima; esta vez, os destinatarios serán os centos de persoas que se xuntarán hoxe e mañán no Festival Alternativo da Xuventude, en Ourense.
S.O.S. Clima será levada os dous días do festival, a partir das 19.00h; dando a coñecer a campaña, pedindo o apoio da xente a través de mensaxes ó Presidente e deixando unha mensaxe personalizada polo clima.
Amigos da Terra en España, pon en marcha esta campaña; co fin de esixir unha lei de redución de emisións de CO2. Con este obxectivo a curto prazo, e un mecanismo de cumprimento adoitado, faremos efectiva a responsabilidade política para cos seus cidadáns.
Actúa, non quedes sentado. O Clima está cambiando, é tempo de actuar!