Do 1 ao 3 de setembro, desde Amigos da Terra, xunto coas nosas compañeiras da rede Young Friends of the Earth de Chipre, Malta e Irlanda, organizamos este encontro online para compartir, aprender e inspirarnos, para seguir camiñando a este mundo novo que queremos crear.
Non o perdas!
- Cando? Entre o 1 e o 3 de setembro
- Onde? Será un encontro online (as sesións serán en inglés)
- Que sesións terán lugar? Consulta o programa
- Canto costa? Evento gratuito
- Quero participar! Como? Inscríbete neste formulario
*Como parte de Amigos da Terra Europa Mocidade, en todos os nosos eventos seguimos as políticas de Safer Spaces. Antes de apuntarte, bótalle unha ollada á nosa política por favor
Este evento está organizado dentro do marco do proxecto #System:Reset co apoio financeiro da Unión Europea.



Leave A Comment