
Amigos da Terra e AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) inauguran mañá, sábado 9 de outubro ás 12.00 horas, a nova sede social que compartirán na cidade de Vigo para acometer proxectos de solidariedade, comunicación, sensibilización e cooperación medioambiental e fomentar a presenza das dúas organizacións na cidade olívica.
Esta sede é froito dun convenio de colaboración asinado entra as dúas ONGD’s co fin de mellorar e incrementar a súa capacidade de xestión en temas de cooperación ambiental e comunicación, e conta co financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, a través de Cooperación Galega.
O acto está aberto á cidadanía en xeral e contará coa presenza da delegada territorial da Xunta de Galicia, Dona Lucía Emilia Molares e do alcalde de Vigo, Don Abel Caballero.
Data: Sábado, 9 de outubro de 2010
Lugar: Rúa Policarpo Sanz, 17, 1ºD
Hora: 12.00 horas