Un espazo para reencontrarnos e construír en común!
Pola mañá terá lugar a asemblea
Primeiramente celebraremos a Asemblea Xeral Ordinaria, onde discutiremos e aprobaremos os plans de traballo, balance económico 2020 e orzamentos 2021. A continuación, celebraremos unha Asemblea Extraordinaria para renovar a Xunta Directiva. Horarios e contidos aquí>>
Posibilidade de conexión telemática
Comeremos ao aire libre de pícnic
Pola tarde faremos unha excursión e visitaremos as hortas de cultivo biointensivo dalgunhas das participantes no proxecto de agricultura ecolóxica que temos na zona.
Existe a posibilidade de durmir en Tronceda o noite do sábado na Casa das Palabras ao prezo especial de 10€.
Será imprescindible inscrición previa>>* para planificar os espazos e a conexión online para a asemblea online.
Recordade que se podedes ir o sábado o grupo local de Castro Caldelas organiza unha actividade con distintas actividades que podedes ver no cartel:
Leave A Comment