Este 8 de marzo, con máis forza que nunca reivindicamos un feminismo interseccional, popular e comunitario que se constrúe desde as bases e arraigado nas experiencias colectivas de mulleres, do local ao global e entre o rural e urbano. Un feminismo construído no marco da soberanía alimentaria.
O feminismo e a soberanía alimentaria son loitas que converxen na súa oposición á desigualdade e que visibilizan a necesidade de producir cambios profundos nun sistema baseado na explotación da vida, dos corpos e dos territorios. Amigos da Terra, somos unha federación de base pola xustiza ambiental e social, e recoñecemos a xustiza de xénero e o desmantelamento do patriarcado como elementos esenciais para lograr cambios transformadores. Defendemos e creemos, que sen xustiza de xénero, non haberá xustiza social e ambiental. Acabar coas situacións de inxustiza non é posible sen desmantelar o sistema económico actual, fundamentado no patriarcado, e no produtivismo que espolia á vida do seu valor. A forma na que producímos e consumimos se monopoliza atendendo a variables económicas que deixan de lado todas aquelas valías que non se poden monetarizar. E desde o feminismo reivindicamos que é necesario acabar con todas as formas de opresión estrutural para alcanzar a xustiza ecosocial, incluídas aquelas formas de produción e consumo de alimentos ligadas á devastación de vida como a agricultura e a gandería industrial. E en paralelo reclamamos a necesidade de construír unha nova cultura da igualdade e da sostibilidade que ofreza unha alternativa xusta e defendible fronte ás políticas desarrollistas, as cales tiveron como resultado a situación de urxencia social e ambiental actual.
Cunha visión ecofeminista, queremos dar visibilidade a un modelo campesiño produtivo, no que a cultura campesiña é a base, ligada ao territorio, e se este territorio é de pasto, xérase unha cultura campesiña ligada á gandería extensiva e de pastoreo. Queremos poñer de manifesto a conexión específica co territorio baseada nos recursos que nos ofrece para a vida e que desde a agroecoloxía reivindicamos. Esta conexión co territorio é ademais base do feminismo comunitario, no que corpo e territorio forman un continuum.
Non podemos esquecer que a gandería é clave para o sustento dos pequenos agricultores de todo o mundo, en particular as mulleres, xa que lles proporciona ingresos, capital, fertilizantes, combustible, enerxía de leña, fibras e peles. Segundo a FAO, dos 770 millóns de persoas que sobreviven con menos de 1,90 de dólares por día, aproximadamente a metade depende directamente do gando para o seu sustento. En moitas culturas, non soamente os sistemas de vida baséanse na gandería, si non que os seus sistemas culturais enfróntanse ao proxecto humano da vida con humildade e respecto polas vidas de que dependemos, actitude posible só si aceptamos a morte como parte das relacións ser humano/sociedades e a natureza.
Desde Amigos da Terra reivindicamos que existe un feminismo construído no marco da soberanía alimentaria. Un feminismo interseccional, popular e comunitario que se constrúe desde as bases e arraigado nas experiencias colectivas de mulleres, do local ao global e entre o rural e urbano.
Este 8 de marzo, desde a túa vivenda, desde a rúa, o balcón, as redes ou o salón, mobilízate.