Amigos da Terra
e a Concellería de Igualdade, Xuventude e Voluntariado; Termalismo presentaron hoxe 20 de xuño, no Centro de Iniciativas Empresariais de Ourense, os Campamentos ambientais de verán para mozos e mozas de 15 a 18 anos.

Ao longo do Campamento, desenvolveranse actividades de achegamento á natureza cun dobre carácter: de serio compromiso ético e cunha metodoloxía lúdica e motivadora; proporcionando unha educación e información de calidade, veraz e adecuada ao grupo, ademais poderás vivir unha aventura inolvidable.

Anímate a participar podes inscribirte aquí