mapa_indice

Augas de Galicia confirma a petición de Amigos da Terra de participar publicamente no proceso de planificación hidrolóxica da demarcación costeira, segundo o indicado pola Directiva Marco da Auga.

Esta participación conleva o acceso á documentación que sobre o proceso de planificación hidrolóxica xurda, á participación na plataforma web do plan e á asistencia ás Mesas Territoriais xunto á Federación Ecoloxista Galega. A primeira destas Mesas Territoriais se convoca para mañá xoves en Vigo. As vindeiras Mesas celebraranse en outubro e decembro.

Os obxectivos desta primeira Mesa Territorial son os seguintes:

  • Dar a coñecer a Directiva Marco da Auga e os aspectos máis importantes da nova planificación hidrolóxica, presentando o proceso de participación activa na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa.
  • Presentar e debater sobre os traballos de elaboración do “Borrador do Plan Hidrolóxico “ do ámbito de participación territorial “ZONA GALICIA SUR”