verdura1

Amigos da Terra participará na 1º edición de Bioterra, unha feira na que se conxugan a ecoloxía, o consumo responsable e consciente, o comercio xusto e o local e que se celebrará os vindeiros 5 e 6 de xuño na Plaza Maior e na Casa do Concello de O Carballiño coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente.

O principal obxectivo desta feira é revalorizar e dar a coñecer aos/as produtores/as e cooperativas de produción ecolóxica, así como reivindicar o comercio xusto e local como unha forma de vida sostible co medio ambiente. Así mesmo, tratarase de impulsar a implicación das persoas da comarca de O Carballiño, a un consumo responsable á vez que consciente, a través dos seus comportamentos á hora de elixir. Deste xeito, estamos amosando o poder que temos os/as consumidores neste momento.

Amigos da Terra participará cun posto sobre consumo responsable e consellos de aforro enerxético, así mesmo, daremos unha charla o domingo pola tarde sobre consumos enerxéticos dos fogares e a incidencia de programas educativos, como por exemplo, o programa A Aposta en Fogares que levamos a cabo en varios municipios da comunidade.

PROGRAMA BIOTERRA 2010

SÁBADO 5 XUÑO

11:00 Apertura da Feira Bioterra 2010

14:00 Peche da Feira Bioterra 2010 para xantar

17:00 Reapertura da Feira Bioterra 2010

18:00 Obradoiro de plantas mediciñais na Plaza Maior.

18:00 Charla sobre o proxecto AEFER, na Casa so Concello de O Carballiño

18:30 Charla informátiva e xuntanza dos Grupos de Consumo Responsable na Casa do Concello de O Carballiño

19:30 Charla informátiva da Cooperativa de Consumo Consciente Arbore (Vigo), na Casa do Concello de O Carballiño

21:00 Peche da Feira Bioterra 2010.

DOMINGO 6 XUÑO

11:00 Apertura da Feira Bioterra 2010.

14:00 Peche da Feira Bioterra 2010 para xantar.

17:00 Reapertura da Feira Bioterra 2010.

18:00 Obradoiro de cestería con materiais de refugallo na Plaza Maior.

18:30 Charla informátiva da Asociación Ecoloxista Amigos da Terra, na Casa do Concello de O Carballiño

21:00 Clausura da Feira Bioterra 2010.