“Tecedoras do cambio” é unha exposición fotográfica que narra e retrata as historias de vida de mulleres valentes e loitadoras. Todas, referentes imprescindibles que lideran procesos de desenvolvemento das súas comunidades xunto a organizacións dos seus países e man a man con ONGD galegas.
Amigos da Terra achega a historia da nicaragüense Yolidia Hernández, unha das vinte historias narradas ao longo de vinte días en vinte comercios da cidade, concretamente a nosa fotografía atoparase do 15 de setembro ao 5 de outubro na librería Couceiro.
Esta exposición forma parte do programa de sensibilización Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización e divulgación da Coordinadora Galega de ONGD e o Concello de Santiago en colaboración coa Asociación Comercio Punto Compostela que se englobará dentro das activiades da Escola de Activismo contra a Emerxencia Climática da convocatoria Iniciativa Xove da Xunta de Galicia.


Leave A Comment