rio-navia_p

A sobreexplotación do río Navia, xunto as alegacións presentadas por diferentes colectivos como Amigos da Terra, posicionan ao Parlamento galego contrario ao outorgarmento dunha nova concesión para o proxecto hidroeléctrico en Navia de Suarna.

A resolución definitiva a dará o Ministerio de Medio Ambiente que terá en conta como vinculante o informe elaborado pola Xunta galega. O traballo realizado por todos aqueles que se posicionaron contrarios a este novo proxecto como ecoloxistas, veciños e alcaldes, recollen positivamente a decisión parlamentaria.

O proxecto situaríase no Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Alto Navia e afectaría a hábitats tan escasos como o do mexilón de río incumplindo, ademais, as limitacións establecidas na Directiva Hábitats e á Lei de Patrimonio Natural e da Biodiversidade que establece as limitacións que sobre estes espazos prevalecen fronte a certos modelos insustentables de xeración de enerxía, como o caso do encoro de Navia.

O patrimonio natural e da biodiversidade desempeñan unha función social relevante pola súa estreita vinculación coa saúde e o benestar das persoas e pola súa aportación ao desenvolvemento económico e social polo que é necesario un compromiso firme por parte de todas as administracións competentes, de crear proxectos que revaloricen e potencien economicamente zonas de gran valor ecolóxico desvotando, pola contra, iniciativas empresarias privadas que acabarían coa citada riqueza ambiental colectiva e por un beneficio individual e económico cuestionable.