Ábrese o prazo para solicitar praza no curso de Mestría en Compostaxe na súa edición de Lugo en colaboración especial co Concello de Viveiro e Concello de Foz.
Este é o quinto dos seis cursos que Amigos da Terra España está organizando, 4 en Galicia e 2 na Comunidade de Madrid. Estes cursos realízanse grazas ao programa EmpleaVerde da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica co cofinanciamento do Fondo Social Europeo. En Galicia estes cursos contan coa colaboración do Concello de Viveiro, Concello de Foz, da Deputación de Pontevedra e a Deputación da Coruña.
O curso empezará o día 21 de setembro e remata o 6 de outubro. Constará de 50h lectivas, 36 horas teóricas e 14 horas de visitas e prácticas, a desenvolver en horario de mañá e de tarde. Por mor das recomendacións sanitarias o curso desenvolverase de xeito online na súa parte teórica e presencial nas prácticas. Atoparás máis información seguindo este enlace.
O prazo de inscrición remata o vindeiro martes 15 ás 8:00 da mañá.
Para inscribirte deberás seguir as instrucións e cubrir o seguinte formulario de inscrición: GALEGO CASTELLANO
En total realizaranse 4 edicións en Galicia, consultar aquí.
Podes descargar o cartel aquí.
Acción gratuíta cofinanciada polo FSE Conseguir formación e un emprego de calidade
Leave A Comment