Desde Amigos da Terra queremos mandarvos moito ánimo no voso confinamento, e por suposto recordar que nestes momentos, como estamos vendo, o poder da unión da xente, os pobos e das comunidades é do mellor e máis valioso que temos.
Unidas conseguirémolo e isto pasará, mentres tanto desde Amigos da Terra queriamos darvos moito ánimo e amenizar o #QuedaNaCasa con diversos contidos:
- Animámoste a poñer en práctica en casa a reutilización con este blog de recursos:Do It Yourself.
- En Me Cambio poderás atopar diferentes proxectos de enerxía, telefonía, banca, máis xustos e sostenibles. Aquí deixámosche a páxina para que poidas coñecelos e valoralos ben para cambiarche, e apoiar outra forma de facer as cousas: sostible, non centralizada e cooperativa.
- Aquí contámosche que é a enerxía comunitaria, e como podemos facer que pase.
- Una opción radiofónica alternativa Radio Mundo Real, un proxecto de comunicación de Amigos da Terra Internacional, ao servizo dos movementos sociais ao redor do mundo.
- Facilitámosche unha guía ecofeminista para entender e dar visibilidad á relación intrínseca da explotación e violencia exercidas contra a natureza e contra as mulleres no marco do modelo de produción e consumo extractivista.
- Descobre os nosos artígos sobre Soberanía Alimentaria, para que saibas que é e que defendemos con ela.
- Temos tamén ciberaccións polas que temos que seguir loitando, por si te queres unir e apoiar as nosas causas.
- Para os mmais cinéfilos, podedes ver estes documentais sobre a natureza e tamén películas infantis que inclúen o ecoloxismo, para as crianzas da casa.
Isto é un gran de area, para poder aportarvos algo nestes días de encerro solidario co que nos estamos axudando entre todas. Moita forza para todas! Agora necesitámosnos máis que nunca, a forza que xorde da unión saca o mellor da nosa sociedade. Unidas conseguirémolo e volveremos a estar xuntas de novo.