foto_pesca_nicara

O Castelo de Maceda acolle dende mañá e ata o vindeiro 4 de abril a exposición, “Golfo de Fonseca: A loita por un futuro sostible”, organizada por Amigos da Terra e AGARESO.

Esta exposición reflexa a través de 30 instantáneas, as primeiras impresións e vivencias dun grupo de cinco xornalistas durante a visita, o pasado mes de setembro, aos proxectos que Amigos da Terra desenvolve en temas de pesca artesanal sostible no Golfo de Fonseca, formado por Honduras, Nicaragua e O Salvador.

Durante doce días, os compoñentes desta asociación tiveron a oportunidade de entrevistarse cas cooperativas de pescadores artesanais, con responsables da empresa galegas que contan con instalacións en O Salvador, institucións locais, cooperativas de mulleres e as contrapartes de Amigos da Terra, recollendo en formato dixital e a través de entrevistas os logros que se están acadando en diferentes aspectos como a pesca artesanal sostible, a conservación dos recursos mariños ou a maior participación das mulleres no sector pesqueiro.

A mostra poderá visitarse todos os días, excepto os martes, de 16 a 20 horas.