Durante esta semana Mundial Sen Carne, do 17 ao 23 de xuño, tes a oportunidade de empezar a pór en práctica un consumo máis responsable, máis xusto e saudable coa túa saúde e coa nosa contorna. Propómosvos a redución no consumo de carne, ovos e lácteos, e a súa substitución por proteína vexetal e por carne de provedores locais e éticos. Proba esta semana e continúa o resto do ano!
Que podes facer ti?
Recomendámosche que sigas unha “dieta de saúde planetaria”, respectuosa coa saúde humana e coa sustentabilidade ambiental.
Esta dieta caracterízase por “unha inxesta calorica optima e consiste principalmente nunha diversidade de alimentos de orixe vexetal, baixas cantidades de alimentos de orixe animal, contén graxas insaturadas en lugar de saturadas, e cantidades limitadas de grans refinados, alimentos altamente procesados e azúcres engadidos”.
-
Menos carne: reduce o teu consumo de carne, ovos e lácteos
Para levar unha dieta saudable, respectuosa co medio e máis xusta, é inevitable contar cunha alimentación máis rica en verduras, froitas, cereais, legumes. Sabías que os legumes achegan un 20% de proteínas, o mesmo porcentaxe que a carne? -
Mellor carne: elixe carne dun provedor local e ético
Si é ecolóxico mellor: podes atopar produtores de venda directa e comercios de proximidade. -
Menos carne e mellor carne: pide un menú agroecolóxico no comedor da túa empresa ou colexio
Demanda que haxa menos carne e de mellor calidade no menú. Esixe produtos ecolóxicos e locais. -
Denuncia a macro-explotacións e empresas xunto ás plataformas cidadás «Stop Gandería Industrial». Entra en StopGanadariaIndustrial.org
-
Únete aos nosos grupos locais para reivindicar unhas políticas acordes aos límites do planeta. Necesitámoste. Contáctanos! Axúdanos a gañar esta batalla!
Ademais, podes presionar ás Administracións Públicas para que establezan patróns nutricionais máis sustentables e saudables:
-
A compra pública ecolóxica é un motor de cambio fundamental para impulsar a produción e consumo de carne proveniente de gandería extensiva e agroecolóxica.
-
Os comedores escolares son o lugar ideal para adquirir novos hábitos alimentarios que sexan saudables para as persoas e o planeta.
-
Fai falta unha moratoria á gandaría industrial en España.
#EnSuPuntoJusto: Menos Carne, Mellor Carne
Esta semana Mundial Sen Carne animámoste tamén a que coñezas a nosa campaña #EnsuPuntoJusto: Menos Carne, Mellor Carne, campaña coa que animamos á cidadanía a reducir a inxesta de carne, apostar por unha gandería ecolóxica e extensiva e esixir ás administracións unhas políticas baseadas en principios agroecolóxicos. A través desta campaña publicamos unha serie de datos que demostran a grave contribución da gandería industrial a algúns dos problemas ambientais e sociais máis críticos aos que se enfrontan as nosas sociedades. É indispensable cambiar o modelo agroalimentario e apostar por unha produción e consumo de carne respectuoso co medio ambiente, unha gandería capaz de conservar os nosos ecosistemas e os nosos recursos.
Vexetaliza a túa dieta. Consome menos carne e mellor carne!