Xa tedes dispoñible na web o número tres da revista de Amigos da Terra, na que podedes ver todo o acontecido na asociación durante os últimos meses. Nesta revista encontraredes dende un artigo sobre o curso de bioconstrución que tivo lugar en As Corcerizas, a unha entrevista con Francisco Díaz- Fierros ou un artigo sobre o posicionamento de Amigos da Terra en torno a enerxía nuclear.