Amigos da Terra e a Asociación Raíña Paraíso, poñen en marcha unha segunda edición do curso teórico-práctico de 30h de duración, sobre introdución ao Método Biointensivo para o cultivo de alimentos! Trátase dun método de agricultura ecolóxica a pequena escala, enfocado ao autoconsumo e a mini-comercialización, desenvolto coa fin de cultivar os alimentos necesarios para unha dieta completa e nutritiva no espazo máis reducido posible, sen dependencia de ningún tipo de insumo externo.
Os seus principios de actuación non só producen alimentos nutritivos e orgánicos, senon que tamén reconstrúen e melloran a fertilidade do solo.
O curso estará dirixido tanto a aquelas persoas que queren aprender a cultivar os seus propios alimentos dun xeito respectuoso co medio, como a labregos ou labregas ecolóxicas que queren aprender novos métodos de traballo.
- Imparte: Guillermo Rodríguez Barreiro. Enxeñeiro agrónomo e Mestre Nivel Intermedio do método biointensivo.
- Prezo: 20€ (inclúe aloxamento e pensión completa na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar)
- Datas: do 29 de maio ao 2 de xuño en Asociación Raíña Paraíso. Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar
- Programa provisional
Prazas reducidas! Matrícula ata o 13 de maio. Para máis información e inscripcións escríbenos a: cooperacion@amigasdaterra.net
MOI INTENTERESANTE.