100206_lagoa_antela_1

A xornada de ecovixías organizada por Alberto Rivero e Amigos da Terra a pasada fin de semana, para conmemorar o Día Mundial dos Humedais, resultou todo un éxito.

Un total de 25 persoas, procedentes de Santiago de Compostela, Vigo, Redondela, Cangas, O Carballiño, Verín, Celanova, Xinzo e Ourense desfrutamos dun agradable día realizando unha andaina pola zona da Lagoa de Antela, visitando as areeiras e o observatorio de aves.

Algunhas das especies de aves que puidemos observar foron cegoñas e os seus niños (tanto naturais como artificiais), cormoráns, gansos, diferentes familias de parrulos e bandos de avefrías. Tamén tivemos a sorte de poder ver outras especies menos comúns, como son os gansos de Exipto.

100206_lagoa_antela-2

Así mesmo, comprobamos como eran as construcións tradicionais da xente que vivía na Lagoa de Antela, feitas con terróns de area, herba e palla.

100206_lagoa_antela-3

Xa pola tarde, visitamos o monumento natural da “Carballa da Rocha”, en Rairiz de Veiga e a zona das Veigas, unha das poucas que conservan a paisaxe orixinal da Lagoa de Antela.

100206_lagoa_antela-36

Dende Amigos da Terra temos previstas máis ecovixías para este 2010, no só cun compoñente lúdico, senón para facer denuncia ambiental. Temos previsto visitar a zona da Riberia Sacra, o río Loña e o río Támega. En breve os informaremos das datas concretas destas ecovixías.