As mulleres Amigas da Terra loitamos polo medio ambiente e a xustiza social, por iso sumámonos con forza e determinación á folga feminista do 8 de marzo. A xustiza social e a xustiza ambiental non serán posibles sen a xustiza de xénero, que afecta a todas as facetas da nosa vida.
Por que hai que parar?
O obxectivo é parar en todos os ámbitos, non só no emprego, para visibilizar que ocorre cando as mulleres non estamos e demostrar que si nós paramos, se para o mundo. Por iso é unha folga que vai máis máis aló do paro laboral.
A participación das mulleres é nuclear en todas as esferas da vida, e a folga ten que alcanzar tamén outros traballos e espazos, todos recollidos en catro eixos: laboral, estudantil, de coidados e de consumo.
Folga de coidados
Parar de coidar. Facer patente que o sistema económico colapsaría sen o noso traballo cotián de coidados. Un traballo invisibilizado e desvalorizado.
Folga laboral
Parar de traballar. Que se elimine a brecha salarial de xénero e alcancemos condicións laborais de contratación, promoción e remuneración dignas.
Folga de consumo
Parar de consumir. Queremos construír estratexias de consumo alternativo, que respecten os nosos dereitos e as nosas vidas
Folga estudantil
Parar nos colexios, institutos e universidades. Que o sistema educativo en todas as súas etapas sexa un espazo no que se crece en equidade e igualdade social.
Agora máis que nunca
Plantamos cara á orde patriarcal, racista, capitalista e depredador co medio ambiente, e propomos outras vidas e outro mundo radicalmente distinto. Queremos avanzar cara a un modelo económico que non se base na división sexual do traballo, que sexa social e ambientalmente sustentable e que defenda ás persoas fronte á acumulación de capital e os beneficios do mercado.
Non esquecemos que esta mobilización é posible grazas á loita de mulleres activistas que se mobilizaron ao longo dos anos para conseguir a igualdade real, e visibilizar os dereitos que a historia patriarcal negounos durante milenios.
Agora máis que nunca, o movemento feminista pretende reclamar igualdade de oportunidades e de dereitos a través desta mobilización multitudinaria, continua e transversal, e todas nós sumámonos a esta loita que crece de forma imparable.
Sumate!
Manifestación Nacional en Lugo, 3 de marzo ás 12:00h.
Convocatoria de mobilizacións 8 de marzo >>>