Cando? Xoves 12 de xuño de 16 a 24 horas.
Onde? Barcelona, Parc do Forum
Por que? Porque cada persoa pode pór o seu grao de area na loita contra o cambio climático.

Varios grupos de Amigos da Terra en España pedirán aos asistentes ao concerto de Radiohead que actúen fronte ao cambio climático dando o seu apoio á campaña The Big Ask (S.O.S. Clima no estado español), que pide aos gobernos europeos e á Unión Europea un compromiso legal para reducir anualmente as emisións que provocan o cambio climático.

Thom Yorke, líder da banda, asistiu á rolda de prensa ofrecida en Bruxelas o pasado 27 de febreiro con motivo da presentación da campaña The Big Ask. Ata agora son 17 grupos europeos os que participan na campaña. O músico comezou a súa colaboración coa campaña no Reino Unido, o­nde Amigos da Terra logrou convencer ao goberno para que presente unha lei pioneira de cambio climático. A intención de Thom Yorke e Radiohead é levar a campaña ao resto de Europa.

A presentación da campaña The Big Ask a nivel Europeo (www.thebigask.eu), celebrouse o pasado 27 de febreiro mediante unha rolda de prensa ofrecida en Bruxelas á que asistiu o líder da banda de Radiohead, Thom Yorke. En España a campaña tomou o nome de S.O.S. Clima (www.sosclima.org). Durante todo o ano Amigos da Terra levará esta campaña por diferentes festivais como Universimad, Festimad, Daydream, etc. pondo unha nota musical ás súas reivindicacións polo Planeta.

A campaña de Amigos da Terra, S.O.S. Clima necesita o apoio da xente para que cada persoa pide ao goberno un compromiso vinculante para reducir anualmente as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) que provocan o cambio climático.

¡Cada ano conta!

En palabras de Thom Yorke: “Todo o mundo pode pór o seu granito de area na loita contra o cambio climático nós estamos facendo o que podemos e animando aos nosos fans a facer o mesmo. É hora de que os nosos políticos contribúan, pois son os únicos que realmente poden axudar coas súas medidas. Por este motivo apoio The Big Ask e pido a cada persoa preocupada polo cambio climático que de tamén o seu apoio – xa sexa nun dos nosos concertos ou en www.thebigask.eu “

Máis información sobre a campaña está dispoñible nas páxinas www.sosclima.org e www.thebigask.eu, páxina do Daydream Festival: www.daydream-festival.com