170809_can_gaiola

A Fundación da Canceira de O Carballiño acaba de nacer coa vontade de xestionar o refuxio de animais do concello e cos obxectivos de realizar actividades, non só de xestións, senón tamén de asesoramento, docencia, investigación en materia de coidados e asistencia dos animais e promovendo a eficacia, a eficiencia e a seguridade dos animais e do seu contorno.

Todas as actividades desenvolverase con suxeción aos criterios de planificación e coordinación.

As sinais de identidade e o carácter constructivista de Amigos da Terra e promovendo a nosa propia coherencia, fai da nosa representación ecoloxista na Fundación, unha obriga. A compañeira Rebeca Carreiro, foi o membro ecoloxista máis votado na reunión que se celebrou o pasado luns.

Se queredes participar nas decisións da Fundación a través de Amigos da Terra ou colaborar na mesma a través do programa de voluntariado que se vai crear, póndevos en contacto coa asociación: info@amigasdaterra.net ou chamando ao 988.374.318