No Día de Acción por unha Boa Alimentación os grupos de Amigos da Terra de todo o mundo unímonos a un gran número de colectivos cunha petición moi clara: queremos unha boa alimentación, xusta e respectuosa co medio ambiente. En España centrámonos en dicir Stop Gandería Industrial!
En Amigos da Terra estamos preparando unha acción reivindicativa para poñer o foco nos graves impactos causados pola gandería industrial e as alternativas ao noso alcance.
A produción industrial de carne e outros produtos animais leva un gran impacto no medio ambiente e na nosa saúde. Pola contra a gandería a pequena escala ten un gran valor ambiental: xera emprego no medio rural e contribúe ao bo estado dos ecosistemas.
A política agraria común fomentou a expansión da gandería industrial. Pero podemos darlle a volta e esixir que apoie unha andería a pequena escalae o acceso a alimentos sans e respectuosos co medio ambiente.
Somos parte dun movemento mundial que loita e reclama políticas acordes aos límites do planeta, que poñan o coidado das persoas e o planeta por encima do beneficio duns poucos.
Ven ao Día de Acción por unha Boa Alimentación!
Únete ao cambio!
- Cando: sábado 27 de outubro a partir das 11 da mañá
- Onde: Praza de Abastos de Ourense
- Que: Stand informativo e petiscos vexetais e ecolóxicos
