Amigas da Terra é unha ONG con unha longa traxectoria no referente a voluntariado xa que leva máis de 25 anos xestionando voluntariado local. Na nosa entidade desenvolvemos diversos proxectos e actividades dentro do eido do medio ambiente, unha área de especial sensibilidade e de interese xeral para a sociedade.

 

Traballamos fomentando o voluntariado e a participación de persoas e colectivos en todo o territorio galego. Neste último ano, na cidade de Ourense  retomamos a actividade na “Horta da Terra” comezando a construción dun refuxo climático comunitario nela, que se traduciu en varias voluntarias novas implicadas cun propósico en común e un espazo de encontro físico.

 

Na cidade da Coruña comezamos fai un ano a facer actividades dentro da campaña de Alargaescencia que se traduciu na creación dun grupo de voluntariado. Este grupo implicase tanto nas actividades de reparación e troco en diversos espazos da cidade, como a un nivel máis profundo na estrutura e encontros da asociación local e estatal.

 

 

Este ano estamos traballando para conseguir grupos máis nutridos e estables de voluntariado local nas localidades de Ourense e A Coruña e de facilitar a participación en Amigas da Terra das persoas voluntarias do resto de Galicia. Para iso organizamos encontros de voluntariado anuais nos que reflexionamos sobre o que facemos e queremos facer na asociación.

 

 

 

 

As actividades mencionadas foron subvencionadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.