Volven as formacións en Mestría en compostaxe pero este ano, a diferencia dos anos anteriores, serán formacións de nivel intermedio.
A formación intermedia, ten como obxectivo formar a persoal que, alén dos coñecementos do RLC sexa capaz de xestionar e manter as áreas de compostaxe. Será responsable de realizar un rexistro dos parámetros básicos do proceso e de realizar toma de mostras. Resolverá as incidencias detectadas polos RLC e, manexará adecuadamente técnicas e habilidades de comunicación para informar a diferentes públicos en experiencias de compostaxe doméstica e comunitaria.
A temática que se desenvolverá nos cursos abordará o ciclo completo da fracción orgánica dos residuos, desde a súa recollida en orixe ata a súa xestión, mediante compostaxe doméstica e comunitaria fundamentalmente, e a aplicación do produto final, que pode dar lugar á creación de proxectos en colaboración con outras entidades como a rexeneración de espazos degradados ou a creación de hortas ou de zonas verdes.
Ademais abordaranse outros aspectos como a xestión dos residuos en función dos territorios, poñéndoa en relación co contexto de emerxencia climática e coa lexislación que lle aplica, sen obviar a educación ambiental, os riscos laborais e a mención a outras formas de compostaxe descentralizada.
O curso consta de 8 módulos teóricos e dúas xornadas de prácticas e visitas a proxectos.
A primeira edición terá lugar no mes de xuño e a segunda en outono.
Non quedes sen a túa praza! Pre inscribete aqui.
Proxecto financiado a cargo da asignación do 0,7% do IRPF da Conselleria de Politica social da Xunta de Galicia.

Leave A Comment