- Documentos da Comisión Europea apuntan a posibles irregularidades na aprobación dos proxectos mineiros de Doade, as Navas e Cobre as Cruces como “estratéxicos”en 2025
- A consideración de estratéxicos implica tramitacións exprés, vantaxes económicas e pode eximir da obrigación de non causar impactos en espazos protexidos e masas de auga
- Amigas da Terra denuncia a falta de información e opacidade na selección anterior e demanda transparencia no novo proceso en curso
Amigas da Terra reclama ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que aclare se houbo algunha irregularidade por parte da administración para que a Comisión Europea seleccionase tres proxectos mineiros como “estratéxicos” no seu primeiro listado publicado en 2025, a pesar de que poderían non superar as avaliacións de expertos independentes.
En marzo de 2025 a Comisión Europea publicaba a lista de “proxectos estratéxicos” baixo o Regulamento de Materias Primas Fundamentais para acelerar a obtención de minerais considerados estratéxicos para a transición enerxética e dixital e outras industrias como armamento. En España seleccionáronse sete proxectos, entre eles Doade, as Navas e Cobre as Cruces, os cales poderían conter irregularidades segundo desvelan documentos da Comisión Europea.
O pasado 12 de maio o medio alemán Table.Media foi quen revelou os documentos da Comisión Europea relacionados coa selección de 47 proxectos “estratéxicos”. De acordo con esta información, os proxectos mineiros de Doade (Galicia), As Navas (Estremadura) e Cobre as Cruces (Andalucía) non figuraban na lista preliminar de proxectos estratéxicos presentada pola Comisión ante o Comité de Materias Primas o 20 de febreiro de 2025. Segundo a información, da que se fixeron eco varios medios e organizacións europeas, esta lista contiña os proxectos que superarían as avaliacións técnicas, financeiras e socioambientales dos expertos independentes designados pola Comisión Europea.
Os proxectos de Doade, as Navas e Cobre as Cruces, en cambio, foron engadidos xunto a outros oito proxectos europeos a unha nova lista que se debateu no citado Comité o 12 de marzo de 2025, despois de consultas entre a Comisión e os Estados membro. A lista final, incluíndo estas adicións, foi aprobada formalmente pola Comisión Europea o 25 de marzo de 2025 mediante a Decisión C(2025) 1904.
As eurodeputadas Ana Miranda (Os Verdes) e Catarinas Martins (Grupo da Esquerda) enviaron o pasado 20 de maio unha carta á Comisión Europea pedindo explicacións polo proceso que levou á selección de proxectos que “aparentemente non cumprían cos criterios de selección da avaliación técnica inicial realizada por expertos externos”.
Segundo as eurodeputadas, o material publicado suxire que se permitiu aos Estados membro refutar as avaliacións expertas ou presentar comentarios políticos adicionais a pesar de que nin o Regulamento de Materias Primas Fundamentais nin ningunas directrices aprobadas establecen este mecanismo, e alegan falta de claridade sobre que metodoloxía ou salvagardas aplicouse para revisar estas intervencións por parte dos gobernos.
Opacidade durante o proceso de selección
Amigas da Terra xa denunciou no seu momento a opacidade que rodeara a selección de seis proxectos mineiros estratéxicos en marzo de 2025 e a vulneración dos dereitos de acceso á información e participación das comunidades locais e organizacións ambientais. A organización rexistrou varias solicitudes ante o Ministerio para coñecer as avaliacións dos proxectos seleccionados así como os comentarios e informes emitidos polo Ministerio respecto ás candidaturas. Todas estas solicitudes foron rexeitadas alegando confidencialidade.
“A información publicada recentemente xera serias dúbidas sobre a equidade e rigor na selección destes tres proxectos mineiros” asegura Adriana Espinosa, responsable de Recursos Naturais de Amigas da Terra.
Os proxectos considerados “estratéxicos” pola Comisión Europea reciben determinadas vantaxes, como facilidades para obter financiamento ou unha tramitación acelerada. Así, segundo o Regulamento europeo, os estados deberán garantir que os proxectos mineiros estratéxicos obteñan permiso para operar nun prazo máximo de 27 meses. Así mesmo, estes proxectos poderán ser considerados “de interese público superior”, o que lles eximiría de certas obrigacións de non causar dano ambiental previstas nos Directiva Hábitats, a Directiva Marco da auga ou a de Aves.
Amigas da Terra advertiu no seu momento de que os proxectos seleccionados, incluíndo os de Doade, as Navas e Cobre as Cruces, son obxecto de forte contestación social polos seus impactos ambientais e sociais e algúns deles, como o de Cobre as Cruces ou Doade, acumulan un historial de irregularidades.
“Dadas a opacidade e falta de interlocución que vimos durante todo o proceso e que o Goberno non permitiu ás organizacións coñecer sequera as avaliacións ambientais e sociais dos proxectos seleccionados, á luz desta información cabe preguntarse se houbo presións externas para que se aprobasen proxectos rodeados de controversia e que quizá non cumprían cos propios criterios legais”, laméntase a portavoz.
“As actuais políticas sobre minerais críticos, lonxe de dirixirse cara a unha transición ecolóxica xusta, afondan nas desigualdades sociais e territoriais e aumentan a desconfianza cara ás políticas climáticas. Ademais, confirman o papel de España como zona de sacrificio, cando o potencial para avanzar en medidas de aforro e circularidade é de gran magnitude e pode chegar a cubrir o 67% da demanda de minerais ata 2050. España debe apostar por estratexias centradas na redución da demanda e a reciclaxe de materias primas críticas se quere gañar credibilidade nas súas políticas ambientais”, conclúen desde Amigas da Terra.
A organización reclama ao Ministerio:
– Que aclare se houbo irregularidades na selección dos tres proxectos citados e que proporcione información sobre os criterios que conduciron á súa aprobación.
– Que por parte do Ministerio garanta que o segundo proceso de selección de proxectos estratéxicos, actualmente en curso, axústese aos estándares de acceso á información e participación pública esixidos polo dereito internacional e europeo.
Links con información e documentación:
Table.Media: https://table.media/berlin/news/kritische-rohstoffe-zweifel-an-projektauswahl-der-eu
Miningwatch Portugal: https://miningwatch.pt/
MiningWatch Portugal: https://power-shift.de/pressemitteilung/zweifel-an-eu-auswahl-strategischer-rohstoffprojekte/
Leave A Comment