Amigas da Terra apoiou constantemente a participación cidadá na protección e preservación do medioambiente. Para iso, a través do instrumento de defensa da legalidade ambiental, realizamos denuncias sobre os danos e agresións que se inflixen ao medio ambiente e que constitúen unha violación e un incumprimento das normativas ambientais.
Neste ano 2025, brindamos asesoría legal e levamos a cabo os trámites legais requiridos para lograr a aplicación da normativa ambiental a través de múltiples denuncias ambientais e a exposición de alegacións sobre varios textos que foron sometidos a consulta pública, grazas ao compromiso de socias/os e voluntarias/os que participaron neste servizo.
Así, presentamos máis dun centenar de escritos ante varias institucións da administración pública estatal, autonómica e local, así como ante Confederacións Hidrográficas, Fiscalía, Policía Autonómica e o SEPRONA.
Desde Amigas da Terra, xunto con outras entidades ecoloxistas e plataformas, atopámonos en oposición e opoñémonos ao proxecto da fábrica de celulosa de Altri a través de alegacións ao proxecto Gama e soporte ao movemento social. Ademais, denunciamos as verteduras permanentes de auga que están a ocorrer nos ríos Portapego, Brandelos e Pucheiras, así como o proxecto de reapertura da Mina de Touro, o que tamén ten un impacto no resto da conca fluvial. Ademais, expuxemos alegacións en contra das concesións mineiras de explotación Cobre “San Rafael” e solicitabamos tamén o apoio dos concellos afectados da zona de influencia, así como do proxecto da Mina de Doade.
Seguimos facendo varias alegacións contra diversos parques eólicos, promovidos tanto pola administración estatal como pola autonómica debido á ausencia dunha planificación eólica.
Con respecto aos recursos hídricos, denunciamos a situación do encoro das Conchas e a súa contaminación por purins, nitratos e cianobacterias; a concesión de autorización de augas en Sarria, o proxecto de augas para Greenfiber, a drenaxe do encoro de As Chas en Oimbra, e a concesión de augas na Mina Touro. Así mesmo, denunciamos parte dos desaugadoiros de augas en varios ríos nas municipalidades de Touro, Toén, Melón; Santa Cruz, Viveiro, Pereiro, Santiago, Ames, Sarreaus…
No ámbito forestal, denunciamos as talas de árbores na Lagoa de Antela, Nogueira de Ramuín, Oleiros, Cerceda, Rebordechao, asi coma danos as árbores senlleiras en Porqueira e Ponte da Trabe. Ademais das numerosas eliminacións de árbores na cidade arboricida de Vigo xunto coas desfeitas no xardín histórico do Posío na cidade de Ourense, para o cal presentamos un manifesto pola súa conservación, e tamén denunciamos o cambio de uso forestal a agrícola de varias parcelas en Ponte Ulla no concello de Vedra.
En relación aos lumes forestais, no mes de verán 2025 arderon mais de 144.000 h dun total anual de 149.000 h, e nos queixamos sobre a ineficacia do PLADIGA, solicitamos a creación da Mesa de incendios no Consello Forestal, xunto con medidas de restauración e recuperación das zonas incendiadas da vaga de lumes do verán ante as confederacións hidrográficas do Miño-Sil, Douro, Augas de Galicia e Xunta de Galicia. Tamén participamos coa elaboración de propostas na Mesa incendios da Deputación de Ourense
Vertedoiros ilegais de refugallos en Taboadela, Allariz, A Peroxa, Xunqueira de Espadañedo Maceda e Sarreaus, e o incendio do vertedoiro de A Rúa.
Co fin de protexer a fauna, seguimos denunciando o problema das aves mortas como resultado da gripe aviaria e tamén abordamos a situación da ampliación dunha granxa en Melide.
Denunciamos a destrución do patrimonio nos concellos de Cerceda, Verea e Rebordechao e o bosque fósil mariño en Santa Cruz. Tamén denunciamos as obras para protexer as praias de Baluarte en Vigo e Baluostas en Pontevedra, xunto coa autovía de Bembrive.
Finalmente presentabamos alegacións a Lei de protección ambiental simplificada e a planta de biometano de Xunqueira de Ambía.