Hoxe celebrase o aniversario do día da Constitución, no que se recoñece no artigo 45 á defensa do medio ambiente. Os cidadáns poden exercer os seus dereitos para protexelo mediante ferramentas como a presentación de alegacións ou denuncias aos diferentes proxectos e actuacións que vaian en contra da conservación do medio ambiente.

É moi habitual que as plataformas de defensa do territorio pidan axuda para presentar alegacións a proxectos extractivistas como poden ser minas, parques eólicos, macrogranxas, etc.

A continuación recollemos o xeito máis sinxelo de presentar alegacións, neste caso a sede electrónica da Xunta de Galicia:

https://sede.xunta.gal/portada

En buscar, introduciremos o código do procedemento xenérico: PR004A (Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado)

Unha vez alí, iremos a Presentación –> tramitar en liña para unha vez que nos identifiquemos ( a través de Cl@ve, certificado electrónico ou Chave 365) proceder a encher a solicitude.

1. Cubrir solicitude

Solicitante: datos da persoa ou entidade xurídica que presenta a alegación

Datos a efecto de notificación: indicar como queremos que se notifique a resposta por parte da administración

Asunto: Alegacións Acordo… (isto datos os soen proporcionar as plataformas) senón completar co procedemento que sexa (información pública, autorizacións, etc)

Expón: Véxase PDF adxunto (*)

Solicítase: Véxase PDF adxunto (*)

Documentación que se presenta: PDF coas consideracións, alegacións e solicitudes anexas (*)

Destinatario: Consellería e Dirección territorial que realizou o procedemento. Ex: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.

2. Anexar documentación (*)

(*) Isto é para o caso de que a plataforma teña un modelo de alegacións que será a documentación que se achegue, no caso de non ter este documento teríamos que argumentar tanto a exposición como a solicitude.

3. Asinar e presentar no rexistro

E xa obteríamos o recibo (xustificante e solicitude asinada).

Exemplo da Planta de Biometano de Xunqueira de Ambía:

1. Solicitude

Asunto: Alegacións “Planta de tratamento de residuos para a produción de biometano, compost e fertilizantes”, promovido por Biofertilizantes Xunqueira de Ambía, S.L. no concello de Xunqueira de Ambía (Ourense). Expediente AAI: 2024-IPCC-I-153.

Expón: Véxase PDF adxunto

Solicitude: Véxase PDF adxunto

Documentación que se presenta: PDF coas consideracións, alegacións e solicitudes anexas

Destinatario: Consellería e Dirección territorial que realizou o procedemento. Ex: Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

 

2. Anexar documentación: alegacións proporcionadas pola plataforma aquí>>

3. Asinar e presentar no rexistro.

 

Se tes calquera dúbida ca presentación deste tipo de documentación non dubides en contactarnos a través do correo info@amigasdaterra.net ou no teléfono 988 374 318