En xuño de 2025 Amigas da Terra finalizou, en colaboración coa Asociación de Mujeres Defensoras de la Vida, un proxecto centrado na loita contra a violencia machista e a defensa dos dereitos das mulleres no Corpus e Orocuina (Honduras).
Ao longo do todo proxecto, co-financiado pola Xunta de Galicia, desenvolvéronse procesos de defensa de dereitos e atención a situacións de vulnerabilidade de máis de 2.500 mulleres, mozas, autoridades municipais e operadoras de xustiza.
O proxecto realizou unha abordaxe integral para potenciar as capacidades das mulleres rurais vulnerables desde a participación social e política, a prevención e atención de violencias machistas, a soberanía alimentaria e a xeración de recursos económicos. Para iso facilitouse a mulleres sobreviventes de violencia atención psicosocial e legal acompañada do acceso a alimentos sans e nutritivos e oportunidades para emprender pequenas iniciativas económicas.
Un dos ámbitos do proxecto foi o vinculado á participación e incidencia política das mulleres e a prevención e atención da violencia de xénero. Actualizáronse as políticas municipais de xénero no Corpus e Orocuina e implementáronse 5 Plans Operativos Anuais con orzamentos específicos de xénero para as Oficinas Municipais da Muller do Corpus e Orocuina. Tamén se promoveron espazos de incidencia nivel rexional para esixir o cumprimento dos dereitos das mulleres e o coidado dos bens comúns, incluíndo campañas de sensibilización no datas emblemáticas como o Día Internacional da Muller ou o Día da Muller Rural. Por último, logrouse reducir a brechasde atención a mulleres sobreviventes de violencia coa formación de máis de 40 promotoras legais comunitarias.
En apoio á Red Regional de Mujeres do Sur, iniciáronse tamén procesos para a xestión dun Xulgado Especializado de Atención á Violencia Doméstica no departamento de Choluteca. Ademais, logrouse establecer un acordo coa Policía Nacional do departamento de Choluteca para que sexa de obrigado cumprimento contar cun libro único para o rexistro das violencias domésticas, o cal permite recompilar toda a información sobre violencia de xénero para cada municipio (o libro único de rexistro de violencia doméstica é unha das reformas propostas para a Lei de Violencia Doméstica).
O segundo ámbito deste proxecto foi a promoción da produción agroecolóxica de alimentos nutritivos, o fomento de hábitos de consumo saudables e a conservación de sementes autóctonas. Formáronse máis de 100 promotoras comunitarias para a implementación e a transferencia de coñecementos sobre técnicas de produción agroecolóxicas e principios do método de cultivo biointensivo.
As mulleres destinatarias do proxecto estableceron 16 hortos biointensivos de referencia e máis de 300 hortos familiares en 18 comunidades rurais do Corpus e Orocuina nos que se producen de dous a tres ciclos de cultivo por ano en función da dispoñibilidade de auga.
A implementación do método biointensivo demostrou ser altamente efectiva nas condicións de seca e moi limitado acceso á terra por parte das mulleres. Así, lográronse aproveitar pequenos espazos de terra dispoñibles nos fogares para producir alimentos de maneira sostible, maximizando as colleitas mediante prácticas agroecolóxicas que melloran a fertilidade dos chans e a nutrición dos cultivos.
As formacións desenvolvidas nas 6 Escolas de Campo Agroecolóxicas realizadas xeraron espazos de convivencia e aprendizaxe colectivo, onde as mulleres comparten experiencias produtivas exitosas e outras leccións de vida. Púxose especial atención en involucrar a fillos e esposos nos labores de campo, promovendo a corresponsabilidade nas tarefas produtivas e do fogar coa finalidade de evitar a sobrecarga de traballo e emocional das participantes.
Actualmente, as promotoras agroecolóxicas comunitarias adquiriron capacidades para cultivar especies e variedades de grans básicos e hortalizas adaptadas ás condicións climáticas das súas comunidades e incorporar plantas aromáticas e medicinais para a prevención ecolóxica de pragas, a elaboración de bioplaguicidas orgánicos e a saúde preventiva.
O terceiro compoñente do proxecto tivo por obxectivo a incrementar os recursos económicos das mulleres grazas a pequenos negocios de produtos agroecolóxicos e outros produtos locais.
Os procesos de formación, acompañamento e dotación de materiais a 20 emprendementos (4 colectivos e 16 individuais) significaron que 30 mulleres xenerasen oportunidades de autoemprego e ingresos adicionais para as súas familias e comunidades. Os microemprendimientos son diversos: elaboración de hamacas, sastrería, produción de mel, elaboración de rosquillas e pan artesanal, repostería, elaboración de comidas típicas, produción e transformación de cultivos en salsas, marmeladas e bebidas tradicionais como pinol ou pozol, entre outros.
Os produtos elaborados por estas mulleres emprendendoras integráronse na plataforma virtual de comercialización “Emprendedoras del Sur”. A coordinación con autoridades municipais, departamentais e nacionais como a Axencia de Regulación Sanitaria pretende facilitar que as emprendedoras poidan avanzar na legalización dos seus negocios e con iso ampliar a cobertura de clientes e mercados.
En conclusión, este proxecto demostra que “realizar de forma complementaria procesos de participación cidadá, incidencia política, formación de capacidades, acompañamento e dotación de recursos ás mulleres rurais, xeran transformacións profundas que impactan nas súas vidas e xeran un desenvolvemento socioeconómico sostible nas súas comunidades”.
Leave A Comment