Hoxe, no Día Internacional da Prevención dos Incendios Forestais, non podemos senón deternos a reflexionar sobre a realidade que vivimos en Galicia.

Neste mes de agosto, segundo o sistema europeo EFFIS Copernicus, xa se superan as 124.000 hectáreas queimadas no noso territorio. Con todo, os datos “oficiais” que difunde a administración apenas recoñecen a metade: unhas 60.000 hectáreas. Unha diferenza alarmante que reflicte a opacidade e a falta de transparencia na xestión desta traxedia ambiental.

Fálase de “hectáreas sobrevaloradas” que o próximo ano xa non poderán arder porque, sinxelamente, xa estarán reducidas a cinza. Territorios abandonados á sorte do tempo, onde a falta de prevención, de planificación e de xestión responsable convértese na norma.

O problema non é novo.

Levamos máis de 40 anos de políticas forestais fracasadas que conducíronnos a un modelo forestal insostible, centrado no monocultivo de especies de rápido crecemento, alleo ás necesidades dos ecosistemas, das comunidades rurais e da biodiversidade.

Mentres tanto, as solucións de fondo seguen sendo adiadas. Neste día que debería servir para celebrar a prevención, só podemos denunciar a ausencia dunha estratexia real que poña por diante a defensa do monte, da vida e do futuro das nosas terras.

Desde Amigas da Terra reclamamos unha política forestal que pense nas persoas e na natureza, non nos intereses económicos a curto prazo. Só así será posible frear esta espiral de destrución.