O vindeiro sábado 17 de maio, coincidindo coa celebración do día das letras galegas, dende Amigas da Terra e xunto co acompañamento do grupo Socut Ilex 695 levaremos a cabo unha xornada de plantación e reforestación dunha zona incendiada na zona no Monte dos Castros, no concello de Barbadás ( Ourense) en colaboración coa CMVMC de Loiro, Bentraces e Sobrado do Bispo.
Hora chegada: 11:00 h
Punto de encontro: Base de helicópteros antiincendios de Trelle, Toén (no enlace tedes as coordenadas)
Hora estimada de remate: 15:00 h
Inscricións: No seguinte formulario >>>
Importante: Levade bocata/picnic e auga , e se queredes unha árbore traede un recipiente tipo tetrabrick
Organización
– A asociación levará ferramentas (sachos e luvas). De todos os xeitos, agradecemos se dispoñedes de ferramentas propias e as podedes traer.
– Formaranse equipos con persoas que coordinen as actividades e de que se cumplan unhas mínimas normas de seguridade
– Realizaremos varias actividades de plantación de árbores autoctonas e un pequeno obradoiro de plantación de sementes de carballo para fcer un viveiro, e os participantes poderán levar a sua propia árbore sementada.
Recomendacións
– Roupa cómoda pero resistente. Calzado forte (botas de montaña)