Amigas da Terra sempre apostou por promover a participación da sociedade na defensa e conservación do medio ambiente, e para elo mediante a ferramenta da defensa da legalidade ambiental, levamos a cabo actuacións de denuncia das agresións e danos que se causan ao medio ambiente e que supoñen un incumprimento da normativa ambiental.
Neste ano 2024, proporcionamos asesoramento xurídico e realizouse a tramitación legal necesaria para acadar o cumprimento da normativa ambiental mediante a realización de numerosas denuncias ambientais e presentación de alegacións a diferentes textos sometidos a consulta pública grazas a implicación de socias/os, e voluntarias/os que colaboraron neste servizo.
Asi realizamos numerosas denuncias coa presentación de mais dun centenar de escritos en diferentes organismos da administración pública estatal, autonómica e local e ante o SEPRONA e Policía Autonómica.
Dende Amigas da Terra xunto con outras entidades ecoloxistas e plataformas vímonos opoñendo e rexeitamos o proxecto de fábrica de celulosa de Altri mediante alegacións e apoio ao movemento social. Tamén denunciamos o proxecto de reapertura da Mina de Touro e os vertidos continuos de aguas que están a acontecer nos rios Portepego, Pucheiras e de aguas abaixo afectando tamén ao resto da conca fluvial. Tamén presentamos alegacións contra as autorizacións mineiras de concesión de Explotación “San Rafael”, e permisos de investigación Andrea, e Novo Cima.
Continuamos realizando varias alegacións contra diferentes parques eólicos ante a falta dunha planificación eólica.
En relación aos recursos hídricos denunciamos obras no río Lagares, central reversible de Meirama, estación de bombeo Runa baleirado do encoro de Gudin, autorizacion de augas en Sarria, concesión de augas da Mina de Touro e emisario de Alcoa en San Cibrao. Ademais de verteduras de augas aos diferentes ríos nos concellos de Oleiros, Verea, Arcade, Baldaio, Melón; Santa Cruz, Carballo, Arnoia, San Cibrao, Pontevedra, Vigo…
Na temática forestal, formulamos unha queixa sobre o PLADIGA e realizamos denuncias de talas de árbores na Ribeira Sacra, Parada do Sil, Oza, Cesures, Santa Cruz, Oleiros, Ourense, Arnoia, A Peroxa, e dos múltiples arboricidos da cidade de Vigo.
Localizamos varios vertedoiros ilegais de residuos en Verea, Xunqueira de Espadañedo e opusimonos a diferentes probas deportivas que afectaban ao medio natural nos concellos de Toen, Manzaneda, Piñor e Folgoso do Caurel.
Para a protección de fauna denunciamos a problemática da aves mortas a causa da gripe aviar e realizamos varios informes e da sua incidencia no parque das Illas Atlánticas, asi como a situación da cetrería na arribada en Baiona, a expansión do visón americano e a ampliación dunha granxa en Congostro.
Por último, realizamos diversas denuncias contra a destrución do patrimonio como as mámoas no concello de Nogueira de Ramuín e o bosque fósil mariño en Santa Cruz, xunto con denuncias para a protección das dunas da paria do Vao e de Vilarrube.