É moi habitual que as plataformas de defensa do territorio pidan axuda para presentar alegacións a proxectos extractivistas  como poden ser minas, parques oeólicos, macrogranxas, etc.

A continuación recollemos o xeito máis sinxelo de presentar alegacións, neste caso a sede electrónica da Xunta de Galicia:

https://sede.xunta.gal/portada

En buscar, introduciremos o código do procedemento xenérico: PR004A  (Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado)

Unha vez alí, iremos a  Presentación –>  tramitar en liña  para unha vez  que nos identifiquemos ( a través de Cl@ve, certificado electrónico ou Chave 365)  proceder a encher a solicitude.

1. Cubrir solicitude

  • Solicitante: datos da persoa ou entidade xurídica que presenta a alegación
  • Datos a efecto de notificación: indicar como queremos que se notifique a resposta por parte da administración
  • Asunto: Alegacións Acordo… (esto datos os soen proporcionar as plataformas) senon completar co procedemento que sexa (información pública, autorizacións, etc)
  • Expón: Véxase PDF adxunto (*)
  • Solicítase: Véxase PDF adxunto (*)
  • Documentación que se presenta: PDF coas consideracións, alegacións e solicitudes anexas (*)
  • Destinatario: Consellería e Dirección territorial que realizou o procedemento. Ex: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.

2. Anexar documentación (*)

(*) Esto é para o caso de que a plataforma teña un modelo de alegacións que será a documentación que se adxunte, no caso de non ter este documento teríamos que argumentar tanto a exposición como a solicitude.

3. Asinar e presentar no rexistro

E xa obteríamos o recibo (xustificante e solicitude asinada).

Exemplo da Mina de Touro O Pino Non:

1. Solicitude

    • Asunto: Alegacións acordo do 14 de novembro de 2024, do Departamento Territorialda Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto Cobre San Rafael, nos concellos de Touro, O Pino e Arzúa (A Coruña) e Vila de Cruces (Pontevedra), promovido pola sociedade Cobre San Rafael, S.L.
    • Expón: Véxase PDF adxunto
    • Solicitude: Véxase PDF adxunto
    • Documentaicón que se presenta: PDF coas consideracións, alegacións e solicitudes anexas
    • Destinatario: Consellería e Dirección territorial que realizou o procedemento. Ex: Consellería de Economía e Industria. Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas.

2. Anexar documentación: alegacións proporcionadas pola plataforma aquí>>

3. Asinar e presentar no rexistro.

Se tes calquera dúbida ca presentación deste tipo de documentación non dubides en contactarnos a través do correo info@amigasdaterra.net ou no teléfono 988 374 318