A Facilitación é unha metodoloxía que nos permite acompañar aos grupos para apoiar a súa calidade de vida. Este curso ten unha mirada holística da vida, ecosistémica, entendendo que aquelo que acontece nos grupos ten que ver cos individuos que o compoñen, coa suma das súas interaccións e co contexto socio-histórico no que se atopan. Nun momento de crise ecosocial como é o noso presente, aparécensenos grandes desafíos como comunidade, desde os pequenos colectivos que habitamos ata a sociedade da que facemos parte. A Facilitación mira para estes retos como unha oportunidade para fortalecerse, medrar e poder ser máis resilientes como comunidade humana implicada na sustentabilidade da vida.
A colectiva de facilitación e formación con mirada interseccional Subúrbia e a organización ecoloxista Amigas da Terra, compremetidas cun cambio de paradigma no noso modelo de relacionarnos, organizan a segunda edición do curso anual de facilitación de grupos acreditado polo IIFACe (Instituto de Facilitación y Cambio).
Entre xaneiro e xuño de 2026 nos espazos de A Casa Vella (Allariz) e Eco dos Teixos (Valdeorras), entornos de natureza e benestar na provincia de Ourense (Galiza).
Consulta a guía completa do curso!
Persoas destinatarias:
Este curso interésache se participas e/ou traballas con grupos, colectivos, asociacións, equipas de traballo ou organizacións e queres aprender máis sobre as dinámicas e os diversos aspectos que se dan nos mesmos.
A través desta formación intensiva acadarás ferramentas para aplicar no teu contexto grupal e desenvolverás habilidades para acompañar procesos grupais desde o rol da facilitación.
Estutura e metodoloxía:
O curso de facilitación de grupos estrutúrase en 7 módulos presenciais (3 deles residenciais) + un módulo online entre os meses de xaneiro e xuño de 2026. A duración total do curso é de 150 horas formativas, distribuidas do seguinte xeito:
- 105 horas presenciais [7 módulos de 15 horas cada un]
- 15 horas online [unha sesión de 3h cada mes]
- 30 horas de traballo persoal
Programa:
- Módulo 1: Introdución aos procesos grupais e á facilitación de grupos: 24 e 25 de xaneiro – A Casa Vella, Allariz
- Módulo 2: A comunicación e a súa implicación nos procesos grupais: 21 e 22 de febreiro – Eco dos Teixos, Valdeorras [RESIDENCIAL]
- Módulo 3: Rango, poder, privilexios e liderado: 14 e 15 de marzo – A Casa Vella, Allariz
- Módulo 4: Gobernanza e toma de decisións: 11 e 12 de abril – A Casa Vella, Allariz
- Módulo 5: Xestión emocional nos grupos: 9 e 10 de maio – Eco dos Teixos, Valdeorras [RESIDENCIAL]
- Módulo 6: O potencial do conflito: 30 e 31 de maio – A Casa Vella, Allariz
- Módulo 7: Indagación e sabedoría colectiva: a creatividade nos grupos: 27 e 28 de xuño – Eco dos Teixos, Valdeorras [RESIDENCIAL]
- Módulo 8: Interseccionalidade e facilitación de grupos: ONLINE
En caso de quedar prazas disponíbeis, pódese asistir a calquera dos 8 módulos de xeito independente. Contacta con nós para máis información.
Prazas limitadas. Prazo de inscrición: ata o 19 de decembro: Inscríbete aquí.
Máis información: facilitacion@amigasdaterra.net / 600051041