Dende Amigas da Terra súmamonos aos máis de cen colectivos veciñais, ecoloxistas, do mar, sindicais e de defensa do patrimonio que rexeitan o novo proxecto da mina de Touro e tildan o poxecto presentado como unha “copia barata” do anterior, que xa foi chumbado en 2020 ao recibir unha Declaración de Impacto Ambiental negativa.
Denunciamos que a Xunta ocultou desde o mes de xaneiro que estaba realizando o trámite de declaración da mina de Touro como proxecto industrial estratéxico.
Máis de centovinte colectivos veciñais, ecoloxistas, do mar, sindicais e de defensa do patrimonio cultural e do Camiño de Santiago veñen de mostrar o seu máis rotundo rexeitamento á nova tentativa de Atalaya Mining de forzar a aprobación da abertura da mina de Touro, censurando ademais que a Xunta ocultara, con fins electorais, a súa tramitación como proxecto industrial estratéxico.
Sinalan que o novo proxecto de explotación e estudo de impacto ambiental, presentados o 23 de xaneiro deste ano, semanas antes das eleccións, é unha “copia barata” do chumbado en 2020 cunha declaración de impacto ambiental negativa polos seus previsíbeis impactos sobre o sistema fluvial do río Ulla.
Lonxe de enmendar o proxecto anterior, Atalaya Mining e a súa filial Cobre San Rafael volven a pór enriba da mesa unha enorme balsa de 23 millóns de metros cúbicos de residuos tóxicos con 1,6 km de lonxitude e unha altura similar á da Catedral de Santiago.
O depósito de residuos está a menos de 500 metros do núcleo de poboación Arinteiro cuxa poboación sería aniquilada en caso dun accidente. De feito, a instalación proposta sería ilegal en países como Brasil, Ecuador ou China. Segundo os colectivos asinantes, o único que cambiou nos últimos 4 anos foi a cantidade de diñeiro ‘invertido’ pola mineira en propaganda e campañas de desinformación sobre a realidade do proxecto, que ocuparía máis de 800 hectáreas.
Por iso, anuncian unha mobilización masiva e sen precedentes para impedir o fraude que supón declarar como proxecto industrial estratéxico unha proposta que xa foi declarada ambientalmente inviábel. A declaración como proxecto estratéxico suporía reducir á metade os prazos da tramitación, a non suxeción aos títulos habilitantes urbanísticos, a declaración de interese social a efectos expropiatorios e a concesión de subvencións sen concorrencia competitiva, co que se pretende unha tramitación exprés que impida a participación pública e que os organismos sectoriais non dispoñan de tempo suficiente para emitir os seus informes. Debe terse en conta que o proxecto está composto por millares de páxinas e centos de documentos anexos.
Os colectivos lembran que o proxecto que volve a presentarse xa foi denegado por non acreditar a ausencia de afeccións significativas sobre o ciclo hídrico e sobre as masas de auga afectadas, nin acreditar a integridade do Sistema fluvial Ulla-Deza, espazo da Rede Natura 2000 e base do modo de vida de decenas de millares de persoas do Baixo Ulla e Ría de Arousa. A estes impáctos súmase o efectos devastador que o efecto tería para a economía das comarcas, particularmente sobre o sector agrogandeiro e agroalimentario así como para o Camiño de Santiago, que xeran emprego sustentábel e respectuoso co medio ambiente e a cultura local.
Apuntan a que nos últimos catro anos Cobre San Rafael, a filial de Atalaya, demostrou a súa absoluta ineptitude á hora de evitar a contaminación por metais pesados que continúa xerando a súa concesión mineira, o que evidencia a súa incapacidade técnica para un proxecto de tales dimensións. De feito, a empresa titular da concesión ven sendo repetidamente sancionada por Augas de Galicia polos danos ecolóxicos aos ríos Lañas e Brandelos, a pesar dos suspostos sistemas de tratamento.
COLECTIVOS ASINANTES:
1. A de Rousmeri-Terra de Montes
2. A Ría non se vende
3. Afectad@s de Paderne
4. Agrupación de a pé da Cofraría de pescadores San Bartolomé de Noia
5. Alarma Terra de Montes
6. Aire limpo na Mariña Mandeo
7. Amigas da Terra
8. Amil SEN eólicos
9. Anovaterra
10. APA Os Biosbardos
11. Asociación A-Legre
12. Asociacion Afectados PE Gasalla
13. Asociación Alados Medioambiente
14. Asociación Ambiental e Cultural Tralapena
15. Asociación Amigas das Árbores de Ourense
16. Asociación Amigas das Cegoñas
17. Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde
18. Asociación Amit
19. Asociación ANABAM- Asociación Naturalista “Baixo Miño”
20. Asociación Asemblea do Suído
21. Asociación cultural A Galleira
22. Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde
23. Asociación Cultural Colectivo A Rula
24. Asociación Cultural e Medioambiental A Pedra que Fala
25. Asociación Cultural Ecolóxica Ridimoas
26. Asociación Cultural Fuco Buxán
27. Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra
28. Asociación de Veciños e Veciñas Encrobas Viva
29. Asociación Eco-Social, Medioambiental e Cultural “Boca de Sapo de Corcubión”
30. Asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga
31. Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS)
32. Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA)
33. Asociación Mar de Fábula
34. Asociación Medioambiental Grupo Lobo Galicia
35. Asociación Meta-Comunica
36. Asociación Monte do Gato Seselle
37. Asociación Noia Limpa
38. Asociación Nove Refachos
39. Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra
40. Asociación Salvemos Monteferro
41. Asociacion Salvemos o Noso de A Laracha
42. Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo
43. Asociación Umia Vivo
44. Asociación Veciñal A Curva de San Gregorio
45. Asociación Veciñal A Lama Vive
46. Asociación Veciñal Carballeira do San Martiño
47. Asociación Veciñal de Lentille
48. Asociación Veciñal do Saviñao
49. Asociación Veciñal Encrobas Viva
50. Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo
51. Associaçom Cultural A Gentalha do Pichel
52. Boa Vida Inclusión Activa
53. Central Unitaria de Traballadoras (CUT)
54. Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas
55. Centro de Saberes para a Sustentabilidade
56. Centro Social A Pedreira
57. C.D.R. Portas Abertas
58. CMVMC de Santiago de Covelo
59. Cofraría de pescadores San Bartolomé de Noia
60. Colectivo Capitán Gosende (Terra de Montes)
61. Colectivo Burla Verde 24
62. Colectivo do Vento-Campo Lameiro
63. Colectivo Ecoloxista Luita Verde
64. Colectivo na defensa do patrimonio A Forneiriña
65. Colectivo Terra de Montes en Perigo
66. Comisión de Asociacións contra as Minas da Terra Chá
67. Comitè se Defensa das Rías Altas
68. Comuneiros do Chá
69. Comunidade de Montes Outeiro de Minas e Valgrande
70. Confederación Nacional do Traballo de Galiza (CNT GALIZA)
71. Consumo Consciente Árbore, S. Coop. Galega
72. Contramínate Asociación Ambiental
73. Cornado Mina NON
74. CSA A Hedreira
75. Defende A Galega
76. Ecoloxistas en Acción
77. Ecoloxistas en Acción Barbanza
78. Ecoloxistas en Acción Coruña
79. Ecoloxistas en Acción Rías Baixas
80. Ecoloxistas en Acción O Ribeiro
81. Ecoloxistas en Acción Ourense
82. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
83. Federación Ecoloxista Galega
84. Fraternidad Internacional del Camino de Santiago (FICS)
85. Fundación Galicia Verde
86. Fundación Montescola
87. Greenpeace
88. Grupo A Quenlla
89. Grupo Naturalista Hábitat
90. Interior Galego Vivo
91. Irmandade Illa de Tambo
92. Juventud x Clima – Fridays For Future España
93. Morcegos de Galicia
94. Maquinarias Teatro
95. MOVENEDA – Movemento Veciñal Neda
96. Plademar Muros- Noia
97. Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes-Santiago
98. Plataforma Aire Limpo na Mariña Mandeo
99. Plataforma Augas Limpas Aldán/O Hío
100. Plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Finx
101. Plataforma Casalonga Limpa de Residuos
102. Plataforma en Defensa da Ría de Arousa
103. Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo
104. Plataforma Cultura Ferrolterra
105. Plataforma para a Defensa do Sur da Dorsal Galega
106. Plataforma pola defensa dos ríos Verdugo e Oitavén.Encoro Non.
107. Plataforma pola recuperación do Sar
108. Plataforma Oro NO
109. Plataforma Quijote Outes
110. Plataforma SOS Suído Seixo
111. Plataforma Ulloa Viva
112. Plataforma Veciñal Caíño-Brancellao
113. Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non
114. Plataforma Veciñal Si a un Rural Vivo
115. Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural
116. Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
117. REAS Galicia
118. Salvemos a Comarca de Ordes
119. Salvemos a Martiñá
120. Salvemos Catasós Asociación
121. Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas
122. Sociedade Galega de Historia Natural
123. Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
124. SOS Encrobas
125. Veciñ@s polo rural
126. Vento Mareiro de Ferrol
127. Verdegaia
128. Vida e Ría, ou minaría?
129. Xarda Sociedade Cooperativa Galega