A restauración da natureza non pode facerse de costas aos territorios e a cidadanía, por este motivo a organización reivindica a restauración comunitaria de ecosistemas

Desde Amigas da Terra alertamos da necesidade de multiplicar os esforzos de restauración para evitar a crise de biodiversidade e facer fronte á crise climática

Hoxe presentamos o informe, “Cara á restauración de ecosistemas sostida pola comunidade,” no que dan as claves para incluír a participación neste tipo de procesos

Este ano o Día Mundial do medio ambiente céntrase na restauración das terras e deter a desertificación.

Hoxe, 5 de xuño, Día Mundial Mundial do medio ambiente, Amigas da Terra reivindica a importancia da participación das comunidades locais nos proxectos de restauración a través da restauración comunitaria de ecosistemas.

A organización ecoloxista publica o informe, Cara á restauración de ecosistemas sostida pola comunidade”, elaborado onda a Fundación Entretantos, no que analiza diferentes procesos de participación na restauración de ecosistemas e expón unha guía práctica para todas aquelas comunidades que queiran levar a cabo unha xestión do territorio baseada en procesos comunitarios.

Ambas as organizacións coinciden na importancia de integrar a participación cidadá en todas as fases dos proxectos de restauración desde o seu diagnóstico ata a súa execución, ao que chaman restauración comunitaria de ecosistemas. Así, destacan o valor engadido que supón contar coas persoas habitantes do territorio para ampliar os obxectivos da restauración e alcanzar un obxectivo maior que permita recuperar o uso común dos recursos naturais.

A deterioración de ecosistemas está determinado polas múltiples crises ecosociais que afectan á humanidade, tanto a crise de biodiversidade, como a climática son resultado e causa desta deterioración. O modelo de produción e consumo baseado en enerxía fósil barata ocasionou unha transformación de espazos naturais sen precedentes, con practicamente un 75% dos chans en proceso de degradación.

A situación ecolóxica actual é tan grave que xa se acepta na comunidade científica o termo “extinción masiva”. A taxa de extinción de especies é aproximadamente 1.000 veces máis rápida da que se daría de forma natural. Máis do 85% dos humidais se perderon, só unha terceira parte dos ríos permanecen intactos.

Tras décadas de abuso, a comunidade internacional está de acordo na necesidade non só de conservar os ecosistemas senón tamén de poñer en práctica a restauración dos mesmos. Desta forma a ONU declarou está década o Decenio das Nacións Unidas sobre a Restauración dos Ecosistemas (2021-2030). A renaturalización de ecosistemas mellorará o estado da natureza e á vez permitirá a xeración de resiliencia ante fenómenos derivados do cambio climático como as inundacións ou as vagas de calor.

“No proceso de restablecer un ecosistema danado, máis aló da mirada baseada na bioloxía e a ecoloxía, é imprescindible ter en conta as dinámicas poboacionais e socioeconómicas para ter éxito nos procesos de restauración. Calquera proxecto de implantación territorial necesita da aprobación dos seus habitantes, pero tamén da súa participación directa. As comunidades locais poden ser tamén as impulsoras e sostedoras do proceso restaurativo e decidir sobre o mesmo”, sinalou Miguel Díaz-Carro, responsable de Biodiversidade e Territorio en Amigas da Terra.

Amigas da Terra fai fincapé no gran reto que supón unha restauración realmente participativa. A organización sinala que debería incluír unha mellora e ampliación dos leitos de participación en proxectos públicos, así como favorecer a restauración comunitaria de ecosistemas para que a cidadanía se implique nos mesmos. Entre as propostas enumeradas destacan a contratación de persoal vinculado á facilitación e a mediación, a asignación adecuada de recursos á participación nos proxectos e o recoñecemento da existencia de comunidades organizadas co establecemento de marcos de participación público-comunitaria que permitan unha interlocución adecuada.