Coñeces a Coalición pola Enerxía Comunitaria? Somos un movemento de base cidadá do que formamos parte desde Amigas da Terra.


E para que creouse a Coalición preguntaraste? Pois para impulsar a enerxía comunitaria e máis en concreto as comunidades enerxéticas polos nosos territorios, para
facer da enerxía un dereito e non un ben de mercado, desta forma buscamos democratizar a enerxía e devolverlla á cidadanía. E é que temos claro que xuntas somos máis fortes =)

Non é nada novo que o modelo enerxético actual está en mans de grandes empresas que se lucran á conta do benestar da poboación e do noso medio ambiente e clima, por iso mesmo consideramos indispensable propoñer unha alternativa ao sistema actual. Necesitamos avanzar cara a unha transición enerxética baseada en fontes de enerxía renovable onde a súa xestión estea en mans das persoas, e para iso necesitamos impulsar a Enerxía Comunitaria.

Para este fin creouse a Coalición e agora lanzamos a nosa web. Somos un espazo plural e inclusivo no que iniciativas de comunidades enerxéticas, entidades, colectivos e organizacións traballamos xuntas co obxectivo común de lograr unha transformación enerxética xusta cara a un futuro 100% renovable en mans das persoas e as comunidades, que faga fronte á crise climática.

Prememos para poñer freo ás grandes empresas e para poñer á cidadanía no centro da transición enerxética. Loitamos polo dereito á enerxía da cidadanía e para eliminar as barreiras que dificultan a súa participación con equidade.

Cremos na participación social: somos a cidadanía a que decide como, onde, canto e que tipo de enerxía consumir. A través dos proxectos locais comunitarios plantamos cara ao oligopolio enerxético e promovemos a democratización enerxética.

Son as comunidades enerxéticas os axentes de cambio necesario para lograr a transformación enerxética. Grupos de persoas que se unen para xestionar, producir e consumir a súa propia enerxía limpa. Son comunidades baseadas na descentralización e a democracia participativa, que demostran que se pode cambiar o sistema enerxético e deixar de depender das multinacionais, devolvemos o poder ás persoas e loitamos contra a crise climática.

Desde a Coalición pola Enerxía Comunitaria cremos que é necesaria unha transición enerxética xusta baseada en fontes de enerxía renovables e que faga fronte á crise climática. Unha transición onde a descentralización da enerxía e a participación cidadá é o primeiro paso para lograr unha transformación real do modelo enerxético.

Coñécenos e descobre como lograr un cambio transformador no modelo enerxético.