Desde Amigas da Terra organizamos unha nova edición da formación en Mestría en compostaxe  co obxectivo de mellorar a empregabilidade da xente nova no territorio galego. Nesta ocasión o curso  é unha edición básica e conta cunha  parte dos contidos en formato online, acompañados de prácticas  e visitas no terreo, o que ampliará sustancialmente esta parte da formación.

Contaremos con profesorado experto referente en todo o estado e visitas a proxectos en diferentes areas do territotio galego.

O curso dura duas semanas; comeza o 17 e remata o 28 de Xuño. Será de luns a venres en horario de mañá . As sesions serán prácticas presenciais e os desprazamentos estarán cubertos por Amigas da Terra.

Son cursos son gratuítos e priorizarase o acceso á xente moza, persoas en situación especial de vulnerabilidade, tales como mulleres, residentes en zonas rurais e/ou áreas protexidas, persoas inmigrantes, persoas con diversidade funcional, etc.

Infórmate e non deixes pasar esta oportunidade!

E se xa o tes claro inscríbete aquí

Escribe a : maria.duran@amigasdaterra.net ou chama ao: 611063186

 

Proxecto financiado a cargo da asignación do 0.7% do IRPF da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia