Chegan as festas do Nadal e con elas o consumo dispárase. Cada vez somos máis as persoas que con estas festas sentímonos atafegadas e perturbadas ante un modelo de consumo cada vez máis desapiadado, cando o que realmente nos gusta e fainos felices é pasar tempo coas persoas que queremos.
O modelo económico imperante atopa nestas datas un bo aliado, un sobreconsumo agochado a cada paso, por enriba das posibilidades do noso xa ben espoliado planeta. Por eso propoñémosche darlle a volta ao modelo económico actual que acaba con todos os recursos naturais e que se ceba de maneira inxusta coas persoas máis vulnerables e optar por un agasallo anticonsumista.
Desde Amigas da Terra defendemos un modelo alternativo, baseado na xustiza social e ambiental no que as persoas e o planeta están no centro das decisións.
Hai alternativas! Porque o único que si está na nosa man é plantarnos ante o sobreconsumo e propoñer alternativas. Por eso creamos esta tarxeta de agasallo anticonsumista, unha tarxeta para que poidas expresar o teu agarimo dun modo non consumista e propoñas outra forma de que te regalen: un paseo, unha cea ou unha subscrición a unha organización como a nosa.
Desde Amigas da Terra denunciamos as inxustizas a nivel ambiental e social e propoñemos outro modelo alternativo onde a xustiza social e ambiental é posible.
Se ti tamén compartes esta visión e queres unha celebración diferente para estas festas apúntate ao agasallo anticonsumista!
