Amigas da Terra en conxunto coa Asociación de Desarrollo Pespirense (ADEPES), continúa o seu traballo a prol dos dereitos das mulleres en Honduras no marco do proxecto “Mellora da equidade de xénero, a soberanía alimentaria e a dinamización económica local co exercicio dos dereitos políticos, económicos, sociais, culturais e ambientais das mulleres rurais en Pespire (Honduras)”, financiado pola Xunta de Galicia. Este proxecto ten como obxectivo contribuir á igualdade de xénero (ODS 5), á erradicación da pobreza (ODS1) e ao desenvolvemento económico local e inclusivo (ODS 8) no municipio de Pespire. Con esta finalidade, articulanse diversas accións coordinadas con outros actores locais.
Dunha banda, reestructurouse a Rede Municipal de Mulleres (RMM) de Pespire e construíuse de xeito participativo unha análise sobre a situación actual das mulleres enfocada en seis eixos: economía e pobreza; saúde; violencia; educación; participación social e política e medio ambiente.
En canto á Oficina Municipal da Muller (OMM) elaborouse o Plan Operativo Anual 2023 vinculado a un orzamento municipal etiquetado ou específico de xénero.
Ademais, leváronse a cabo xornadas de formación que contaron coa participación do persoal técnico da alcaldía e mulleres da RMM e de diversas organizacións comunitarias de Pespire. En concreto formáronse en temáticas como organización, administración e contabilidade, equidade de xénero e liderado, prevención e detección precoz de enfermidades, prevención da violencia contra as mulleres e nenas, empoderamento persoal e colectivo e dereitos humanos civiles, políticos, económicos, sociais, culturais e ambientais das mulleres.
Para lograr un maior alcance, realizáronse tamén eventos conmemorativos de datas emblemáticas (Día Internacional Muller, Día Erradiacación Violencia contras as Mulleres, Día Muller Rural…) e campañas educativas e de sensibilización sobre as políticas públicas para a protección dos dereitos das mulleres, autocoidado e autoestima, prevención da violencia de xénero e prevención do cancro de mama en coordinación con Cidade Muller en Choluteca (organización gubernamental creada para brindar unha atención integral ás mulleres de escasos recursos económicos).
A nivel municipal e comunitario, presentáronse dúas obras de teatro inéditas nas temáticas de soberanía alimentaria e de prevención da violencia de xénero, “Volve os teus ollos e mans ao campo” e “Respétame”, interpretadas por xóvenes de Pespire.
No eido da soberanía alimentaria, estanse a desenvolver accións de fortalecemento da capacidade de incidencia política da Mesa de Seguridade Alimentaria y Nutricional (SAN) de Pespire e do Grupo Impulsor para a Defensa dos Dereitos Humanos en Pespire. Iniciouse este proceso cunha diagnose dos principais actores implicados e dos avances relacionados coas políticas públicas e outras accións para a mellora da producción de alimentos e a nutrición infantil.
Doutra banda, no eido comunitario, estase a completar un programa de formación e investigación agrícola participativa en 3 escolas de campo agroecolóxicas nas comunidades de Quebracho, Laguna de Padua e Crucitas e 3 parcelas demostrativas para a producción artesanal de sementes de grans básicos e de hortalizas nas comunidades de El Saladito, Los Jobos e La Lucía. Este programa de formación vai acompañado do compromiso de replicar todas as formacións impartidas nas escolas de campo en 12 hortas biointensivas de referencia (unha en cada comunidade destinataria) aplicando boas prácticas agroecolóxicas ligadas aos principios do método de cultivo biointensivo (permiten producir maiores cantidades e diversidade de alimentos en espazos reducidos e cun menor uso de recursos como auga e solo). No 2022 traballouse con 46 novas hortas (entre as 12 comunidades) con tres ou máis camas biointensivas manexadas por mulleres organizadas e na actualidade estase promovendo un total de 120 novas hortas, integrando polo menos 6 novos cultivos de horta e 4 plantas medicinais. No marco do proxecto, tamén se teñen establecido para resgardar os grans e sementes (millo, sorgo, frijol, sementes de especies de horta…) 8 reservas estratéxicas comunitarias. Ditas reservas mellorarán a dispoñibilidade de alimentos e garantirán a estabilidade de prezos a nivel comunitario no período seco (cada ano non chove durante 6 meses seguidos), tempo onde os alimentos escasean e nos mercados se triplican ou quintuplican os prezos polos que os intermediarios (coyotes) mercaron eses mesmos alimentos a esas mesmas familias labregas.
Por último, melloráronse as capacidades de funcionamiento organizacional, administración e contabilidade, xestión financieira e ética e valores de 12 Caixas Rurais de Aforro e Crédito que teñen como socias a 128 emprendedoras e que cumpren unha importante función social para o desenvolvemento de accións colectivas e iniciativas económicas nas comunidades de intervención do proxecto. Neste sentido, co obxectivo de xerar ingresos e crear oportunidades de autoemprego para mulleres rurais, desenvolveuse tamén un proceso de identificación de novas iniciativas económicas, priorizando a creación de valor agregado á producción agroecolóxica local. As ideas de negocio que se apoiaron con equipos e materiais de promoción e visibilidade correspóndense con: panadería, elaboración de encurtidos, venta de froitas e verduras, aborrotería (tendas de ultramarinos) e elaboración de comidas típicas e tradicionais (nacatamales, enchiladas, tacos, pupusas, catarchitas, rosquillas, rosquetes, sementes de arroz…). Para facilitar a súa inclusión en mercados locais e o acceso a microcréditos e mellorar a comercialización dos seus productos, impartíronse xornadas de formación con grupos de mulleres emprendedoras. Como resultado, integráronse no Comité Organizador da Feira Campesiña que se promove en Pespire cada 15 días e fortaleceuse a súa vinculación con outros canais curtos de comercialización como a asociación de comercializadores de froitas, ou Asociación de Productores Pespirense (APRAL), que elabora zumes, pulpa e outros produtos elaborados con froita. Tamén se teñen promovido encontros e xiras de intercambio de experiencias con outras mulleres emprendedoras dos municipios de El Corpus e Namasigüe.
Leave A Comment