Son as oito da mañá, 15 camaroneiras e camaroneiros de Los Playones de Catarina están listos para recoller candelillas de mangle vermello (Rhizophora mangle), que se empregarán para reforestar dentro das áreas produtivas das súas cooperativas.
Sander Martínez, técnico de campo de Fundación LIDER, fai o chamado para iniciar a faena. Trasladaranse á zona mariña costeira Punta Arena, situada a 65 quilómetros da cidade de El Viejo, Chinandega, fronte ao maxestoso Golfo de Fonseca, compartido polos países irmáns de Honduras e O Salvador.
A recolección de propágulos servirá para conservar os recursos mariños costeiros, especialmente o bosque manglar, coas cooperativas Esterillo Negro, Playa Hermosa, Monte Redondo y Puentesito, apoyadas por Fundación LIDER e Amigas da Terra, con fondos da Xunta de Galicia.
Unha hora despois, saco en man, inician a colleita das candelillas que se atopan caídas entre as raíces e a ñanga (lodo), outras son cortadas directamente da árbore. Esta vez, cada grupo de socios e socias deberá colleitar entre cinco e sete mil propágulos, para un total de 22,000 candelillas a sementar nos próximos días.
No grupo vense adolescentes, persoas novas e adultas. A medida que avanza o tempo, o sol ponse máis intenso, comezan a suar e beben auga. Uns cóbrense máis dos raios solares e a outros parece non importarlles.
Os sacos brancos reciclados e reutilizados van enchéndose aos poucos en parellas. Pasaron dúas horas e non logran a meta. Ileana Varela da Cooperativa Esterillo Negro, reúne ao grupo e di que deberán cruzar alén dunha pequena bocana para completar a colleita. Ao cabo dunha hora, regresan cos sacos cheos.
Xornada de reforestación en El Viejo e Puerto Morazán.
As candelillas colleitadas, son parte das 40 mil sementadas nas xornadas de reforestación que se realizaron no mes de agosto nas zonas de Aserradores, Estero Padre Ramos e Delta Estero Real, co apoio do Ministerio do Ambiente e os Recursos Naturais (MARENA) en El Viejo, Chinandega. Ademais, realizaranse charlas de sensibilización en escolas primarias e unha campaña radial para a conservación dos recursos mariños.
“A recolección de hoxe será sementada a fin de semana nas zonas produtivas das catro cooperativas coas que estamos a traballar aquí en Los Playones de Catarina. Aínda que aquí o bosque non está en deterioración, necesitamos coidalo e fortalecelo”, explicou Martínez.
E é que o bosque manglar non só proporciona medios de vida ás familias, tamén son un escudo que protexe ás comunidades e o ecosistema de posibles desastres naturais, constitúe o hábitat de moitas especies e ten unha gran capacidade para capturar dióxido de carbono.
A inicios de outubro, Amigas da Terra e a Alcaldía de Somotillo estarán reforestando por primeira vez no estero Los Perejiles, Puerto Morazán, da man das cooperativas camaroneiras de Somotillo: Marcos Osaba, Mujeres de Palo Grande e Luis Manuel Martínez.
O apoio a pequenas produtoras e produtores que cultivan camarón, pargo lunarejo e guapote chega a través do proxecto “Alianzas acuícolas entre o sector cooperativo, para o crecemento económico e redución de impactos ambientais en zonas de áreas protexidas de Chinandega”